A rapazada de 4° B realizou estes cartaces para colocar no concello, no auditorio e na biblioteca municipal e así desexarlle un bo nadal a toda a vila.
Páginas
21 diciembre 2021
AS NOSAS ACTIVIDADES DE NADAL
20 diciembre 2021
OBRADOIROS MES DA CIENCIA EN GALEGO
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron os rapaces e rapazas nos obradoiros científicos organizados para o Mes da Ciencia en Galego.
SÍMBOLOS DO CAMIÑO: A VIEIRA
Coñecemos un pouquiño máis sobre algún símbolo do camiño. A vieira tamén ten as súas curiosidades.
ÁRBORES DE NADAL
Este ano fixemos estas fermosas árbores de nadal. Continuando co noso proxecto sobre o Camiño de Santiago cada aula elaborou unha cuncha de vieira con motivos navideños. Despois xuntamos todas e aquí tedes o resultado.
Quedáronnos moi bonitiñas, verdade?
17 diciembre 2021
EXPOSICIÓN LIBROS DE NADAL
Aquí tedes unha pequena exposición de libros sobre o Nadal que temos na biblioteca. Este ano temos novidades.
09 diciembre 2021
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA: VISITA DAS DIFERENTES AULAS
Nas seguintes imaxes podedes ver algunhas das actividades que realizaron os alumnos e alumnas das diferentes aulas durante a inauguración da biblioteca para este curso.
Aquí podedes velos coloreando o marcapáxinas co lema deste curso, coloreando os seres fantásticos do camiño e tamén redactando a súa parte do conto colectivo que crearon entre tódalas aulas tomando como fío conductor o libro Seres Fantásticos do Camiño de Xan Eguía.
29 noviembre 2021
25-N
Os alumnos de 4º A elaboraron uns cartaces para os comercios da vila aproveitando os debuxos da súa peregrina.
27 noviembre 2021
MÚSICA NO CAMIÑO: CONCERTO DE ARPA
Este venres, 26 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. puideron disfrutar dun concerto didáctico de arpa ofrecido por Alba Franco. Ademais de tocar varias pezas, explicoulles as diferentes partes deste marabilloso instrumento.
24 noviembre 2021
TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN
22 noviembre 2021
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Este ano volvemos celebrar o Samaín no colexio e recuperamos a tradición das cabazas decoradas.
Houbo cabazas de todo tipo: unicornios, bruxas, fadas...ata tivemos cabazas peregrinas.
Picade na imaxe para poder ver as cabazas que trouxo o alumnado e tamén os seus disfraces.
A nós gustáronnos moitísimo! E a vós?
17 noviembre 2021
12 noviembre 2021
08 noviembre 2021
02 noviembre 2021
CONTOS TERRORÍFICOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN
Como ben sabedes, o venres celebramos o Samaín no colexio. Para celebralo, os rapaces de 5º crearon contos de terror. Cada neno creou o seu monstro e inventou un conto de medo para ler o día de Samaín.
Fixérono nas súas aulas xa que como sabedes aínda non podemos xuntar grupos.
Como vedes, leron na penumbra. Algúns contos daban moito meeedoooo!
25 octubre 2021
MOCHILAS VIAXEIRAS
Este ano renovamos as mochilas viaxeiras por dentro e por fóra.
En primeiro lugar, mirade que bonitiñas son estas novas mochilas do Xacobeo (graciñas profe Lourdes).
E agora, mirade o material que propoñemos este ano. Sí, sí, vedes ben, catro cousiñas: un conto, unha revista de National Geographic Kids, un libro de Ciencia e un xogo de mesa.
Levan tamén unha pequena tarxeta para que fagades nela o que se vos ocorra: un debuxiño, unha pequeniña explicación de algo que vos gustara da mochila, un collage ou incluso unha fotografía vosa coa mochila.
Con todas as tarxetas faremos unha exposición no colexio e tamén intentaremos subir ao blog as fotos para que as familias tamén poidades velas.
Esperamos que vos guste esta nova proposta das mochilas e desfrutedes en familia.
24 octubre 2021
MALETA VIAXEIRA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO
Durante este mes, tivemos na biblioteca unha Maleta Viaxeira sobre o Camiño de Santiago ofertada pola asesoría de Bibliotecas Escolares. As aulas puideron vir ata a biblioteca para ler o contido de dita maleta. Hai dende guías do camiño, ata lendas e contos basados no Camiño.
18 octubre 2021
PASAPALABRA SOBRE OS VOLCÁNS
Aquí tedes un pasapalabra en galego elaborado por algunhas mestras que forman parte do equipo de biblioteca para que poidades aprender un pouco máis sobre os volcáns.
MÚSICA NO CAMIÑO: CONCERTO DE JAZZ
Este venres os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º desfrutaron dun concerto de Jazz levado a cabo pola cantante Silvia Ferre.
Todos aprenderon moitísimo e pasárono aínda mellor!
Aquí tedes unhas imaxes para que poidades ver canto lles gustou!
Moitas grazas Silvia!
PDI deste curso: "O Camiño de Santiago"
Como puidestes ver no mural, este ano imos traballar o Camiño de Santiago xa que é ano Xacobeo.
Tódalas aulas van traballar este tema, dunha maneira ou doutra, e realizarán diferentes proxectos e actividades. Incluso sabemos de quen se atreverá a facer un anaquiño do Camiño.
Aquí podedes ver como quedou o mural. Dentro dunhas semanas volveremos publicar unha foto do mural para que vexades os cambios que lle fixeos. Estade atentos!
03 octubre 2021
Comezamos o camiño...
Estará estruturada en tres Scapes Rooms distintos, cada un deles relacionado con distintos tramos e atractivos do Camiño de Santiago, que será o tema central do PDI deste curso escolar no noso colexio.
Os participantes terán como obxectivo ir resolvendo os retos propostos e empregando as pistas proporcionadas para completar as etapas.
Para participar no evento é preciso rexistrase. Pica no cartaz.
30 septiembre 2021
OBRA DE TEATRO CON MONICREQUES
Este martes, 28 de setembro, os rapaces e rapazas de 3º a 6º de E.P. baixaron ata o Auditorio de Rianxo para ver unha obra de teatro. Nesta ocasión desfrutaron da obra "Don Gaiferos o peregrino" levada a cabo polo grupo Kukas. Foi unha obra de teatro moi especial porque os protagonistas eran monicreques.
O NOSO P.D.I.
Este ano, aínda que a biblioteca segue pechada polas tardes e no recreo, intentamos voltar un pouco á normalidade renovando o mural da porta da biblioteca.
Como sabedes, cada ano facemos un proxecto sobre un tema determinado. A este proxecto chamámoslle Proxecto Documental Integrado.
Sabedes sobre que imos facer o proxecto este curso?
Tedes unha pista no novo mural...
21 septiembre 2021
OBRADOIROS DO CONCELLO
24 junio 2021
EDUCACIÓN RESPONSABLE: O CORO DAS EMOCIÓNS
E aquí presentámosvos a actividade feita polos nenos e nenas da aula de 4 anos A ( profe Lourdes) para o proxecto de Educación Responsable no que estiveron traballando este curso.
Moi ben rapaciños! Fixérono xenial, verdade?
22 junio 2021
10 junio 2021
XOVES CONTO
Hoxe traemos un conto vencellado coa amizade e o mar. Trátase do conto " El caracol y la ballena" da grandísima escritora Julia Donaldson.
Esperamos que vos guste!
09 junio 2021
NOVIDADES MES DE XUÑO
Aquí amosámosvos algunhas das novidades deste mes de xuño.
Subiremos máis nos próximos días.
Lecturas para o 2° ciclo
Lecturas 1° ciclo
07 junio 2021
O CASTELO DA LÚA
Os nenos e nenas de 1º A traballaron na aula a lenda do Castelo da Lúa e a partir dela fixeron un fantástico conto.
Picade no enlace para ver o vídeo.
https://ranolas.blogspot.com/2021/05/o-castelo-da-lua.html
03 junio 2021
XOVES CONTO
Como este sábado se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente aproveitamos este xoves para amosarvos un vídeo dunha historia titulada ¿Qué le pasa al planeta?, de Eva Clemente.
Esperamos que vos guste!
02 junio 2021
BOOKTUBERS 3º E 4º DE PRIMARIA
01 junio 2021
CIENCIA: EXPERIMENTOS DA RAPAZADA DE SEXTO
Este ano os alumnos e alumnas de quinto e sexto investigaron moitísimo en ciencias.
Aquí amosámosvos algúns dos experimentos feitos polo alumnado das diferentes aulas de sexto.
27 mayo 2021
XOVES CONTO
Hoxe recordamos a Eric Carle, falecido recentemente, cun vídeo dun dos seus contos. Esta vez propoñémosvos a versión orixinal en inglés do libro From Head to Toe. Esperamos que vos guste.
OBRADOIRO DE ROBÓTICA # ESPAZO FEDELLEIRO
Este ano seguimos aprendendo un poquiño máis sobre robótica e programación para poder levar a cabo actividades no Espazo Fedelleiro.
Este mércores os alumnos e alumnas de 4º de primaria tiveron un obradoiro de robótica coa empresa Vermislab. Aprenderon moitísimas cousas sobre os mBots.
Ata saímos no seu Facebook!!!
26 mayo 2021
Que é o amor?
25 mayo 2021
EL GRAN SHOW
Este xoves 27 de maio ás 18:00 a Fundación Botín convida a toda a nosa comunidade educativa a conectarse a Youtube para ver unha mostra do traballo que se fixo ao longo deste curso escolar nos centros ER (centros de Educación Responsable).
Neste show haberá un representante das diferentes comunidades autónomas e dos diferentes países que participan nesta iniciativa.
E, sí, o noso cole tamén enviou fotos do traballo realizado para que estea presente no vídeo elaborado pola Xunta dos centros ER Galicia.
ANIMÁDEVOS!!!!! CONECTÁDEVOS AO GRAN SHOW. PINCHA AQUÍ
24 mayo 2021
LETRAS GALEGAS: AS NOSAS ACTIVIDADES
Colocamos estes cartaces sobre a vida e obra de Xela Arias Castaño.
17 mayo 2021
Enquisa sobre a biblioteca alumnado
A túa opinión conta!
Si estás en 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria cubre esta enquisa.
Temos en conta todas as respostas para mellorar.
Podes contestala ata o luns 24 de maio
Enquisa sobre a biblio para as familias
Danos a túa opinión e axúdanos a mellorar!
Xa sabemos que este ano foi un pouco diferente pero esperemos que o vindeiro curso escolar poidamos voltar á normalidade.
Podedes cubrila ata o luns 24
11 mayo 2021
Educación Responsable: REFLEJARTE
Este curso o noso colexio entrou a formar parte dos centros ER de Galicia. Esta iniciativa da Fundación Botín e a Xunta de Galicia trata de mellorar as relacións entre o alumnado e axudar aos rapaces a xestionar e expresar as súas emocións a través da Educación Responsable: educación emocional, social e da creatividade.
Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades levadas a cabo polo alumnado de 2º A no apartado de Reflejarte.
A actividade que propuxo este ano a Fundación Botín "Olfato artístico" está basada na exposición ARTE Y ARQUITECTURA: UN DIÁLOGO, que se puido ver na súa sede de Santander ou visitar virtualmente desde outubro de 2020 ata maio deste ano.
PLÁSTICA E LITERATURA
Os alumnos de 2º A fixeron esta divertida actividade en plástica na que misturaron personaxes famosos cos libros que máis lles gustan. Quedoulles xenial, verdade?
06 mayo 2021
OBRADOIRO DE POESÍA SOBRE XELA ARIAS
Os alumnos de 3º tiveron esta semana un obradoiro de poesía a cargo de Andrea Barreira.
Coñeceron un pouco a poesía de Xela e logo compuxeron unha poesía moderna para alguén que eles apreciaban.
05 mayo 2021
CLUB DE CIENCIA: XOGANDO E FEDELLANDO NO MES DE MAIO
Aquí tedes unha mostra das diferentes estacións que podedes atopar na biblioteca. Tedes uns paneis explicativos sobre cada actividade, pero podedes adaptala según vos conveña.
A idea é que formedes grupos de 4 alumnos e que vaian rotando os mesmos polas diferentes estacións.
Para os experimentos os alumnos sentaranse nas mesas verdes respectando a distancia de seguridade e será o mestre o que faga a explicación do experimento.
Esperamos que desfrutedes coa experiencia.
03 mayo 2021
LETRAS GALEGAS 2021 : XELA ARIAS CASTAÑO
Como ben sabedes, este ano adícase o Día das Letras Galegas á poeta e tradutora Xela Arias Castaño.
Picade na imaxe de Xela Arias para acceder á nosa proposta de actividades para traballar este ano.