Tiñamos programadas varias visitas de autores para este último trimestre pero como non podemos ir ao cole terán que quedar para o próximo curso escolar.
Dúas grandes autoras en lingua galega que nos gustan motísimo e sempre recomendamos acordáronse dos nenos do Castelao e enviáronnos estes vídeos que compartimos con todos vós.
Helena Villar Janeiro mandounos saúdos desde a súa casa de Abuín en Leiro e falounos dalgúns dos seus libros.
Ledicia Costas tamén nos quixo saudar e nos contou algunha cousiña sobre o seu último libro.
Moitísimas grazas ás dúas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario