Páginas

11 mayo 2020

Retos para o mes de maio: terceiro reto


Xa vistedes os traballos que nos fixéstedes chegar sobre as Fases da Lúa?   Están xenial! Moitas grazas aos que participastedes. Si queredes podedes seguir enviándonos cousas.  

O terceiro reto trata sobre animais e vai ser un reto doble. 

Por unha parte, María de Arenaria Coordinación propónvos neste vídeo que investiguedes sobre... mellor védeo para sabelo.



Podedes enviarnos un vídeo ou un documento explicándonos o resultado das vosas pesquisas científicas. 


Por outra parte, facémonos eco dun reto proposto no blog da biblioteca do CEIP Quiroga que nos pareceu moi interesante:  adiviñar os principais animais do Xeoparque Montañas do Courel que aparecen aquí en Lingua de Signos.
Atrevédesvos?




As solucións, coma sempre publicarémolas a vindeira semana co seguinte reto. 

Ademáis, si vos animades podedes enviarnos un pequeno vídeo signando o nome dun animal e xusto a continuación mostrarnos a imaxe dese animal nun libro. Pode ser calquera animal que vos guste e pode estar na portada ou dentro do libro. 
Si queredes participar tede en conta que, para que se vexan ben os signos, debedes vestir de negro. Si gravades o vídeo sobre un fondo branco mellor que mellor. Si non é posible, facédeo sobre un fondo homoxéneo. 

Estamos desexando ver os vosos vídeos destes dous retos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario