Páginas

18 mayo 2020

Retos para o mes de maio: cuarto reto



Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos. Este ano celébrase baixo o lema "Museos pola igualdade: diversidade e inclusión."

En España temos moitos museos de todo tipo.
Moitos deles ofrecen visitas virtuais xa que non os podemos visitar en persoa como o Museo del Prado,  o  Museo Reina Sofía, o  Museo Nacional de Historia Natural, o Museo del traje...

E xa que este ano traballamos a Ciencia. Fostedes algunha vez aos Museos Científicos da Coruña? Seguro que si! 



Cal é o que máis vos gusta? Por que?

Para conmemorar este día o reto desta semana será crear o noso propio museo o 

                      "Museo Virtual do Colexio Castelao"

Si se acabase o mundo e tiveses que salvar algo que sería? 
Pode ser desde un invento, un edificio, un libro, un lugar,  un cadro...  

Envíanos unha foto do que salvarías a bibliocastelao@gmail.com  Tamén podes explicarnos brevemente o por que da túa elección e publicarémolo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario