Dentro do proxecto "Abrir Rianxo ao mundo", no que está a traballar este curso o colexio, realizouse un concurso de debuxo e lema sobre Rianxo entre o alumnado. Co obxectivo de facer unhas camisetas coas que dar a coñecer a nosa vila. O gañador na categoría de "lema" foi para Pablo Miranda da aula de 2º B, e na categoría de "debuxo" foi para Eloi Ordóñez da aula de Educación Infantil de catro anos B. Parabéns para eles e todos e todas os e as participantes!! O xurado non o tivo nada fácil!! Este foi o resultado!! Agora xa está en practicamente todas as casas dos nenos e nenas do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario