Páginas

29 junio 2018

RIANXO DO A AO Z

Traballo elaborado polos nenas e nas de primeiro.Recolle con cada letra información, curiosidades sobre o noso pobo.
Fermoso traballo!! Noraboa!!

28 junio 2018

A RIANXEIRA

O proxecto Abre Rianxo ao Mundo comezou a andar coa nosa Rianxeira. Cada nivel ilustrou coa técnica de papel rachado a letra da canción.

ABRIR RIANXO AO MUNDO EN FOTOS DE RIANXO

Grazas a Fotos de Rianxo por dar a coñecer o noso proxecto. Para o colexio foi un luxo poder mostrar algúns dos seus traballos sobre este proxecto no auditorio e que o pobo ,as súas xentes o puidesen comtemplar. Tamén grazas ao concello por cedernos o auditorio, e colaborar no transporte de materiais.

Aínda que quedaron moitísimos  traballos sen ser expostos cremos que cumprimos o obxectivo do proxecto que era DAR A COÑECER RIANXO. 

Quedounos a mágoa de que a Voz de Galicia non se interesase nin en poñer unha breve reseña sobre a exposición.

ABRIR RIANXO AO MUNDO. MANUEL ANTONIO.

MANUEL ANTONIO o poeta do mar. 
Dentro dos actos organizados polo concello sobre a figura do poeta, 90 anos da publicación do seu poemario De catro a catro,o colexio participou de múltiples formas: recitando algúns dos seus poemas, facendo murais, ilustrando os seus poemas con inspiración vangardista, pintando nas rúas, verbas máis cotidiáns en follas.
Parte de ese material estivo presente na exposición. Os murais puideron ser vistos por moitos rianxeiros e rianxeiras, pois pendurados na  fachadas da súa casa natal estiveron só un día;por mor do mal tempo.
Cos debuxos fixéronse dous libros un sobre a vida do poeta e outro ilustrando os seus poemas. A maiores realizouse un retrato sobre o autor.
O gran descoñecido, agora xa o temos un pouco máis preto e coñecemos un pouco máis sobre el e as súas poesías.

ABRIR RIANXO AO MUNDO.CANCIÓN DA RIANXEIRA

Si por algo se coñece Rianxo e as súas xentes é pola Rianxeira, que se canta en medio mundo ou mundo enteiro. Pode consideranse o segundo himno de Galiza.
Cando botamos a andar este proxecto decidimos comezalo Ilustrando a Rianxeira. Por niveis fomos repartíndonos as estrofas. 
Este foi o resultado!!
Xa está na imprenta para facer un libro coas ilustracións e poder telo na biblioteca.

ABRIR RIANXO AO MUNDO.

No Entroido xa estaban as aulas a traballar a pleno rendemento sobre o proxecto. Aínda que á exposición só baixamos unha pequena mostra. As gamelas dos mariñeiros, os cabezudos, a nosa Moreniña. Quedaron sen baixar os polbos, as nécoras, ....


27 junio 2018

ABRIR RIANXO AO MUNDO. CAMISETA

Dentro do proxecto "Abrir Rianxo ao mundo", no que está a traballar este curso o colexio, realizouse un concurso de debuxo e lema sobre Rianxo entre o alumnado. Co obxectivo de facer unhas camisetas coas que  dar a coñecer a nosa vila. O gañador na categoría de "lema" foi para Pablo Miranda  da aula de 2º B, e na categoría de "debuxo" foi para Eloi Ordóñez da aula de Educación Infantil de catro anos B. 
Parabéns para eles e todos e todas os e as participantes!! O xurado non o tivo nada fácil!!
Este foi o resultado!!
 Agora xa está en practicamente todas as casas dos nenos e nenas do colexio.

VIVIR EN RIANXO 
QUE BONITO É!!

ABRIR RIANXO AO MUNDO.RIANXO DO A AO Z

Rianxo do A ao Z foi o título do traballo dos nenos e nenas de primeiro de primaria. Con cada letra do alfabeto buscaron información, escribiron sobre autores rianxeiros, lugares, costumes, alcumes...e logo déronlle este fermoso deseño. Agora convertirémolo en libro para ter na biblioteca e todos poder desfrutar deste traballo.

     

ABRIR RIANXO AO MUNDO

Con este eslogán comezamos o curso o noso proxecto que rematou con esta fermosa exposición de traballos feitos nas aulas no auditorio de Rianxo que os nenos/as e as súas familias puideron visitar. Comezamos o curso cun cambio de metodoloxía nas aulas, empregando o Tratamento Integrado das Linguas (TIL). Nalgúns dos traballos empregouse o galego, inglés e castelán. Para este proxecto foi fundamental a implicación de todo o profesorado do centro dende infantil ata 6º así como dos distintos equipos: EDLG, Extraescolares,..., e do equipo de biblioteca.
Fomentáronse actividades moi variadas: buscas de información sobre o municipio e parroquias, como era Rianxo no século XIX e comezos do s.XX, elaboración de libros de receitas,de comic, contos, con información variada, anuncios promocionais, maquetas, cadros,....e un longo etc.


Tamén a nosa impresora 3D tivo o seu espazo  e os escornabots con xogos de preguntas e respostas sobre Rianxo.

Durante todo o curso tivemos no cole numerosos escritores,escritoras,creadores,artistas que viñeron a contarnos o que facían. Grazas a: José Ricardo Losada, Helena Villar Janeiro, Ché Tembra, Tantino e Raúl Burés .
A mostra estivo dende o 8 de xuño ao 21, e por ela pasaron numerosos veciños e veciñas de Rianxo.
Como actividade inaugural tivemos a sorte de poder asistir a unha adaptación da obra Os vellos non deben namorarse de ADR Castelao a cargo de todo o alumnado de sexto de primaria. Uns artistazos!! Moitas máis fotos.