O 16 de marzo visitounos unha muller traballadora: Vanesa, auxiliar de odontoloxía, que traballa con outras dúas compañeiras máis. Os alumnos de 3º recibiron unha charla de saúde dental, destacando a importancia de lavar os sobre todo antes de ir durmir e de facelo en círculos.
O que máis lles gustou foi un xogo no que acabaron todos cos dentes e a lingua tinguida de azul. Ademáis, déronlles "pegatas" e cepillos de dentes!
Moitísimas grazas Vanesa polo teu tempo e esforzo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario