Páginas
▼
17 marzo 2016
Unha muller traballadora na nosa biblioteca
O 16 de marzo visitounos unha muller traballadora: Vanesa, auxiliar de odontoloxía, que traballa con outras dúas compañeiras máis.
Os alumnos de 3º recibiron unha charla de saúde dental, destacando a importancia de lavar os sobre todo antes de ir durmir e de facelo en círculos.
O que máis lles gustou foi un xogo no que acabaron todos cos dentes e a lingua tinguida de azul.
Ademáis, déronlles "pegatas" e cepillos de dentes!
Moitísimas grazas Vanesa polo teu tempo e esforzo!!!
09 marzo 2016
Falando de mulleres traballadoras
Aquí tedes unhas plantillas que podedes usar para elaborar contos, facer descripcións, inventar biografías... sobre mulleres traballadoras.
O límite só é a vosa imaxinación!
O límite só é a vosa imaxinación!
Collage mulleres rianxeiras
Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, queremos montar un collage con fotografías de mulleres da nosa vila polo que, nesta ocasión, pedimos a vosa colaboración para que nos fagades chegar fotografías tamaño carné de mulleres da vosa familia (nais, avoas, tías, etc.).
Gracias por colaborar!
Recordade que en canto o teñamos publicarémolo no blogue.
Mulleres na Historia
Mulleres no Mundo, pinterest da USC
08 marzo 2016
Doodle para o 8 de marzo
04 marzo 2016
O colexio ten nova páxina web!
Queremos informarvos a tod@s que o noso colexio ten nova páxina web
Pinchade na imaxe para poder visitala.
Pouco a pouco iranse subindo máis contidos pero xa podedes ver, entre outras cousas, a revista escolar "Ondiñas Veñen" dos últimos anos, imaxes de diversas celebracións deste curso como a do Día da Paz e os vídeos do Festival de Nadal.