Páginas

04 marzo 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora. Na biblioteca do Castelao unímonos á celebración dese día .
   Por que esa data?

O día 8 de marzo de 1857 un grupo de obreiras dunha empresa téxtil de Nova York decidiron facer folga para protestar polas duras condicións nas que traballaban.

A partir desa data empezáronse a levar a cabo diferentes movementos de mulleres que reivindicaban o seu dereito a participar na sociedade en igualdade cos homes.

Nalgúns países de Europa empezouse a celebrar este día o 19 de marzo de 1911 para conmemorar que as mulleres de Prusia conseguiran o dereito ao voto o 19 de marzo do 1848.

No ano 1910 en Dinamarca, nunha conferencia de mulleres traballadoras, decidiuse declarar o 8 de marzo como Día da Muller Traballadora.

Xa no 1975, As Nacións Unidas declaran este día como Día Internacional da Muller.


Ofrecémosvos os seguintes recursos:

Exposición de libros na biblioteca.

6 comentarios:

  1. Hola , boas tardes , non ten que ver co da muller traballadora , pero é unha pregunta para as que subides as cousas ao blog. Ides a poñer o festival de nadal????.

    ESPERO RESPOSTA

    ResponderEliminar
  2. O festival de Nadal, cada titoría ten a súa copia. Sabemos que hai titorías que xa o están pasado as casas para que as familias fagan as copias. Falar co titor ou titora. En principio pesa demasiado por eso non foi subido.
    Un saúdo.
    Miraremos como está o tema.

    ResponderEliminar
  3. Quero facer unha pregunta aos que poñen as cousas no blog como se poñen os libros de terceiro trimestre como fan as mestras cas pantayas dixitais ??

    ResponderEliminar
  4. Aos libros dixitais éntrase a través dunha clave de acceso.
    Aínda que buscando en internet hai algún que está dixitalizado na rede.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Como se pon en internet os libros de terceiro trimestre????




    ESPERO RESPOSTAA

    ResponderEliminar
  6. Habría que facer unha busca pola editorial pero como xa comentei non son públicos teñen clave de acceso.

    ResponderEliminar