Onte os nenos e nenas de primeiro sacaron os seus libros de poesía ao patio e fixeron alí a súa Hora de Ler . Recitaron poesías para os seus compañeiros do libro :"A casa de había unha vez".
Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre, que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario