Páginas

20 febrero 2015

Maleta Viaxeira de matemáticas

Chegounos unha maleta  á biblioteca. Debía de estar un pouco aburrida porque durante estes días non estivemos no cole. Viña cunha etiqueta que poñía Matemáticas e por fóra tamén se podía ler Asesoría de Bibliotecas Escolares. Que viría dentro?
Ao abrila descubrimos fermosos libros relacionados coas matemáticas. Os nenos e nenas prepararon os números para expoñer estes libros e películas.


Durante esta semana teremos  unha das Maletas de Matemáticas que oferta a Asesoría de Bibliotecas Escolares e que inclúe libros e películas que abordan contidos matemáticos desde a ficción e a non ficción. Aproveitaremos esta oportunidade para coñecer novos materiais e recursos para abordar o currículo das Matemáticas desde a biblioteca escolar e a lectura.

O cartaz da campaña da Asesoría de Bibliotecas para este curso "Biblioteca escolar.... Matemático!!! é obra do ilustrador David Pintor. (Está no lateral)




Os máis pequenos aproveitando a súa sesión de biblioteca foron os primeiros que desfrutaron dos libros.
Esperamos aproveitala aínda que a temos pouco tempo!

1 comentario:

  1. SANDRA CERQUEIRAS SOUTO24 de febrero de 2015, 14:01

    QUE BEN QUE FAGAN OUTRA MOCHILA VIAXEIRA E AHOA ADEMAIS MATEMATICAS CO QUE ME GUSTAN A MIN AS MATEMATICAS.

    ResponderEliminar