Os nenos
e nenas de 3 ANOS A e B traballaron a partir dunha idea orixinal dos
pequerrechos de Bea do CPI Camiño de Santiago (O Pino) un poema de Azucena
Arias Correa titulado: As dúbidas do pitiño.
Este
fermoso poema, serviulles aos máis pequechos e pequechas do cole para vivir e
revivir da man do seu protagonista, -un pitiño branco de crista vermella- os nervios
da noite anterior, a ledicia por todas as cousas novas que levaría
na súa mochila, a incertidume ante o descoñecido: resto de nenos e
nenas, profes, aula, patio..., nervios, inseguridades... e un
senfín de sentimentos e emocións propios dos días do período de adaptación.
Velaí vos
presentamos a primeira secuencia de aprendizaxe dos nenos e nenas de 3 ANOS...
fantástica!
Ver máis información no blogue Sonrisas y Mandilones.
Ver máis información no blogue Sonrisas y Mandilones.
Mima, eu que deixei o colexio fai uns meses, e ainda me recordo cando estaba en infantil.
ResponderEliminarjajajajaja.
Un saludo para o mestre de 5 (ou de sexto non sei) Carlos de parte de Ricardo.