Páginas

06 abril 2014

Visita Jacobo Fernández Serrano.

O martes 8, Jacobo Fernández Serrano estará cos terceiros e cuartos na biblioteca. Algúns nenos e nenas xa o coñecen pois tivemos a sorte de contar coa súa visita hai tres anos. Os nenos  e nenas de cuarto estiveron buscando na biblioteca libros seus como escritor e ilustrador e ademais están lendo o seu libro Mil cousas poden pasar I. Os de terceiro leron Marcopola, a illa remeira e algunhas historias de Archimboldo Roque.

Cando comezáramos a elaborar o noso díptico para preparar a visita de Jacobo atopámonos con que a biblioteca Brea Segade de Taragoña, xa tiña elaborado este:

Deixamos aparcada a súa elaboración porque a información era a mesma. 
Grazas por compartir!

No hay comentarios:

Publicar un comentario