Páginas

22 abril 2014

O libro esculpe lectores. Día Internacional do libro e dos dereitos de autor.


Bonita recreación feita a partir deste marcapáxinas, pola responsable da Biblioteca BN, da EEI Barrionovo (Arteixo), María Pousa.
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data. Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia: 
"A festra aberta ao ar vivivficador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta verturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser... O libro!"
  Mañá repartiranse polas clases e leerémolo na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario