Páginas

21 abril 2014

Do, re, mi le un libro e sé feliz. Susa Herrera

O oito de abril acompañounos Susa Herrera, por problemas de espazo na biblioteca decidimos facer a xuntaza no auditorio. Asistiron os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria.
Para todos aqueles que non a conozades dirémovos que é unha  persoa entregada a  educación musical con vocación divulgadora chea de enerxía, ilusión, vocación e entrega.
Susa Herrera visitou Rianxo e  inundounos de música e alegría. Presentounos o seu novo libro “Cantos animales” que vos recomendamos sin ningunha dúbida, “Cantos animales” está ilustrado por Violeta Monreal e inclúe un CD coas cancións e un DVD coas coreografías. 
O libro non ten desperdicio!
Esta vez  trata de: un elefante, un cangrexo, un poni, unha xoaniña, un oso, un crocodilo, un panda, un zorro, unha rá e un gato.
 Susa combina nas súas propostas as palabras, imaxes, música e movemento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario