Dende 1967, o 2 de abril, día natalicio de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co ánimo de inspirar o amor polos libros e para chamar a atención da comunidade sobre os libros para nenos.
Neste día, 2 de abril, tamén o Día da concienzación sobre o autismo, queremos recomendar un conto infantil moi especial, Hada Esther, co que se pretende facer visible unha realidade e chamar a atención sobre a importancia da coordinación entre as persoas que interveñen na educación dun neno con TEA.
Dende o departamento de Orientación e a mestra de apoio a Infantil elaboraron estas pancartas para dar a coñecer esta data.
Encheron de globos o colexio e de lazos a nenos, nenas, mestres, mestras,...
Hoxe proxectaranse na biblioteca:
A viaxe de María.
Un viaje interestelar a través del autismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario