Comezamos cos conta contos nos recreos. Esta vez adiantámolo ao mércores por motivo da folga convocada para mañá. Mario, Álex, Paloma, Aroa,Ismael, Christian,Silvia, Óscar,Sebas e Arancha todos eles e elas de sexto C representáronnos A voda dos ratos. Era a primeira vez que se contaba esta historia na biblioteca.
A voda dos ratos é unha historia de Margarita del Mazo & Lisa Kaser, publicada por OQO. Conta a historia de dos ratiños que estaban namorados pero ....
—Non vas casar cun rato negro, feo e fraco coma un fiúncho.
Ti tes que casar co máis forte do planeta,
e ese non o é –dixo sinalando cara ao rato.
Desta forma irada reacciona o emperador dos ratos da Cochinchina cando a súa filla, unha preciosa rata branca coma a neve, se presenta da man dun rato gris escuro case negro. Convencido de que o que ten ante el dista moito da súa esixencia, ofrécelle a man da súa pequena ao Sol.
Con todo, o Astro Rei non tardará en convencelo do seu erro. —Non, ho! Eu non son o máis forte... A partir deste momento, o relato inicia un divertido e instrutivo periplo, co que o emperador irá descubrindo que non hai verdades absolutas. A consideración do que é, ou non, fermoso, forte… está suxeita a múltiples miradas, tantas como individuos.
Coma sempre a biblioteca chea, un gusto escoitalos!
estubo moi chulo
ResponderEliminarQue ben o fixechedes,encantoume.
ResponderEliminarvades para actores e actrices¡¡¡
a verdad que a min me gustou estar na obra e eu como narradora paredeume moi fermosa
ResponderEliminar