Páginas

30 mayo 2013

XORNADA DE CONVIVENCIA.


Os nenos e nenas que para o vindeiro curso estarán no noso cole desfrutaron dunha xornada de xogos e contos cos seus futuros compañeiros.
-         A primeira hora fixeron un percorrido polo colexio para coñecer todas as instalacións.  Logo repartíronse entre as tres aulas de 2º curso co obxectivo de coñecer aos alumnos e alumnas. Nas aulas fixéronse as presentación oportunas acompañadas de xogos variados para que se coñecesen. Na terceira sesión  todo o segundo nivel saíu ás pistas do patio exterior para facer uns xogos cooperativos: remudas no pantano, o gran río,a maldición da serpe e o círculo máxico. A última  actividade da mañá levouse a cabo na biblioteca para realizar as seguintes actividades.
  Amosarlles o espazo e as normas da biblioteca.
Visitar e coñecer o blogue da biblioteca.
Interpretación da cantiga “Mazarico” dos alumnos do colexio. 
Interpretación do conto “La casa de la mosca fosca”.
Creación do conto colectivo “O armario encantado” entre os alumnos e alumnas do CRA e do colexio. Do que levaron todos unha copia para a casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario