Páginas

30 abril 2013

APADRIÑAMENTO LECTOR

Fomos preguntando polas aulas de sexto, quenes estaban interesadso en ser Padriños ou Madriñas lectoras. Os interesados viñeron a unha reunión na biblioteca onde se lle explicou en que consistía e que debían facer.Na biblioteca escolleron o conto que lle ían contar aos nenos/as de 3 anos. Houbo nenos/as que preferiron traer o seu conto preferido da casa. Todos se deixaron aconsellar na elección do conto por algún membro do equipo de biblioteca. Logo prepararon o conto e finalmente houbo ese apadriñamento lector. A clase clase de 6ºA apadriñou a 3 anos C, a clase de 6ºB apadriñou a 3 anos A e a clase de 6ºC apadriñou a  3 anos B.




.
A todos lles gustou moito a actividade!

29 abril 2013

ABRIL MES DOS LIBROS E DA LECTURA

Os nenos e nenas de Educación Infantil, van ao Auditorio Municipal a ver a obra Baleadas interpretada pola compañía Traspediante.

Os nenos e nenas do segundo ciclo terán unha sesión de contacontos, na biblioteca, despois do recreo.

LIBERNAUTAS

Hoxe os nenos e nenas de primeiro achegáronse no recreo para recoller o seu pase ao liberespazo .
Como funciona o pase ao Liberespazo:
As colaboradoras repartirán e cuñarán  os pases.
 Reserva de datas desta semana: luns para primeiro. Martes : segundo e terceiro. Xoves: cuarto. Venres: quintos e sextos. Si alguén non pode nesas datas pode recollelo noutro momento.
Unha vez lido o libro collido na biblioteca cada neno/a deberá cubrir o seu pase. Título, editorial, si lle gustou.... deberá presentarllo as colaboradoras do liberespazo para que elas lle cuñen o pase.
Só cuñarán o pase unha vez á semana.
Aqueles que consigan completar o pase ao liberespazo, terán unha pequena sorpresa.
Anímate e ven a biblioteca e recolle o teu pase!


SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Aínda que xa sucedeu no mes de marzo, mostramos un mural que elaboraron as clases de 5 anos B e 3 anos C de educación infantil, con motivo da semana da prensa na escola.
Estiveron buscando noticias, recortando titulares, anuncios,... das distintas seccións dos xornais. Manexaron distintos xornais e compuxeron un fermoso mural.

28 abril 2013

LIBERESPAZO

Apareceron  uns carteis misteriosos no cole:
Queres ser un libernauta? 
Ven a biblioteca no recreo para a semana e sabrás como conseguilo.
Como podo ser un libernauta?
Que é o liberespazo?
Como podo viaxar polo liberespazo?
Que será todo esto?
Fixarse nos carteis e achegádevos á biblioteca!

25 abril 2013

Auga Enfeitizada

12 abril 2013

HORA DE LER

Coa finalidade de dinamizar o tempo de lectura a biblioteca Avelaiona Luíña do CEIP de Cespón, elaborou estes modelos de fichas. Están pensadas para o 2º ciclo, para ler de xeito colectivo na pizarra dixital e ir razoando e resolvendo as cuestións que se prantexan.


09 abril 2013

Palabras Que Vas Ler Non As Deixes Correr.



Acabamos de descubrir unha boísima recopilación de recursos e actividades sobre a auga, elaborada polo CEIP Mestres Gondar O Recanto de Mik. http://www.blogoteca.com/orecantodemik/




                                         RECURSOS AUGA   
                   Téndelos a vosa disposición na barra lateral.

08 abril 2013

A AUGA NO PLANETA, E AS SÚAS UTILIDADES

Actividades interactivas sobre a auga, dirixidas ao 1º ciclo de Primaria e elaboradas por Antonio Aires G.

CHOIVA DE PALABRAS, REFRÁNS, DITOS,...do profesor Anxo González Guerra


Numeroso vocabulario, refráns, ditos, relacionados coa choiva que podedes empregar nos vosos escritos.

03 abril 2013

EL MARAVILLOSO MAGO DE OZ

Os nenos e nenas do primeiro ciclo estiveron traballando o libro El Maravilloso  Mago de Oz e facendo varias actividades.