É unha historia de amor entre uns avós. Unha historia que todos deberiamos ler e tamén compartir cos nosos maiores.
Páginas
▼
31 marzo 2013
XOVES CONTO : AVÓS
O venres 22 na biblioteca, xa que o xoves había aviso de mal tempo,os nenos e nenas de primeiro A representáronnos un conto moi fermoso: Avós, de Chema Heras e Rosa Osuna.
É unha historia de amor entre uns avós. Unha historia que todos deberiamos ler e tamén compartir cos nosos maiores.
É unha historia de amor entre uns avós. Unha historia que todos deberiamos ler e tamén compartir cos nosos maiores.
30 marzo 2013
Día Internacional do Libro Infantil
O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e
como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen.
A IBBY declarou
esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar
a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos,
libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como
lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional
encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países para que
elaboren un mensaxe dirixido a tódolos nenos e nenas do mundo. Nesta ocasión, a
autora do texto é a mexicana Pat
Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley
Bryan. Logo ese cartel distribúese por todo o mundo.
A través da OEPLI (Organización
Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema
de Pat Mora nas catro linguas do Estado.
O poema en galego:
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que
voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e
voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco
Achegádevos a Biblioteca Municipal Castelao de Rianxo porque hai algunha actividade preparada para ese día.
27 marzo 2013
Materiais Día da Poesía
Imprímeo, dóbrao e teralo montado para telo enriba do teu escritorio ou onde queiras.
Unha recopilación de poesías relacionadas coa auga,para colrear, recitar, memorizar, xogar....
Traballos de investigación sobre Rianxo
Traballando as distintas competencias de coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, ... un mostra de algúns dos traballos feitos polos alumnos de sexto.
POESÍA AS PRAIAS
Esta fermosa poesía sobre Rianxo e as súas praias, apareceu nun dos cadernos de viaxe dunha mochila viaxeira.
Pareceunos bonito compartila.
Noraboa a Noa e a súa familia.
Día da Poesía
Poesía para celebrar a primavera
RECOPILACIÓN DE FERMOSAS POESÍAS, MOITAS DELAS RELACIONADAS COA AUGA.
RECOPILACIÓN DE FERMOSAS POESÍAS, MOITAS DELAS RELACIONADAS COA AUGA.
26 marzo 2013
Busqueda de información
Un estupendo traballo para guiarvos a hora de facer un busqueda de información. Olga Rodríguez e Charo Sánchez- Gabriel.
8 de marzo. Día da muller traballadora
Con moito retraso algunhas das actividades feitas con motivo desta data.
Buscamos información sobre mulleres galegas: emprendedoras, pioneiras, deportistas destacadas,….. ou do seu entorno (nai, avoa,tía....)
Entregouse un modelo de ficha para cubrir coa foto da muller escollida, o seu nome, profesión e a actividade na que destacou.
Están expostas polos corredores.
Exposición de libros na biblioteca:
Entre outros estaban:
O país dos mandóns . (Texto adaptado para as aulas)
A nai do heroe,
Rosa Caramelo,
Artur e Clementina,
Los colores de Dulari…
que tocan a temática da igualdade de xénero.

·
Tarxeta para fotocopiar con información sobre este día. Só tes que dobrala coloreala e lista.
Os nenos/as do 1º ciclo repartiron, ese día por tódalas dependencias do centro, colgadores coma este recordando a data.

· Realización de varias pancartas e carteis
Visualización de películas.
Propuxéronse: Mulán e Brave para 1º 2º ciclo e E.I., e Billy Elliot para 3º
ciclo.
Para 2º e 3º ciclo
. A partir do conto “Los colores de
Dulari” elaborar un traballo sobre a situación da muller en diferentes países
coma :India, Afganistán, China, Exipto …. E facer unha comparativa coa muller
galega. Unha vez realizado poderase expoñer a outros grupos.
24 marzo 2013
19 marzo 2013
A IMPORTANCIA DA AUGA
Xa estamos cerca do Día Mundial da Auga, o 22 de marzo e para coñecer máis sobre a súa importancia aquí tes información:
18 marzo 2013
15 marzo 2013
11 marzo 2013
10 marzo 2013
COIDANDO O NOSO MAR
Esta semana, do 11 ao 15 de marzo, dentro da campaña anual "Palabra que vas ler.. non as deixes correr" na que estamos traballamos o tema da auga xa que este ano, o 2013, foi declarado "Ano Internacional na Cooperación da Esfera da Auga" teremos colocada na biblioteca a exposición do CEIDA
Recordámosvos que a biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa todos os días de 16.00 a 18.00 horas así que aproveitade un ratiño que teñades e, se vos apetece, vinde VISITAR A EXPOSICIÓN.
Picade no nome ou na imaxe da exposición para máis información.
05 marzo 2013
Roberto Vidal Bolaño: autor, actor e público do aquí
Estamos de Noraboa!
Hoxe recibimos a noticia, a proposta Roberto Vidal Bolaño: autor, actor e público do aquí, que presentamos ao concurso-exposición das Letras Galegas 2013 resultou PREMIADA.
Noraboa a todos os alumnos/as, mestres e mestras que participaron no proxecto.
Flores a Rosalía
A semana pasada, todas as aulas prepararon as súas flores para Rosalía. O venres tódolos nenos e nenas do cole levaron para a súa casa unha flor co poema Adios Ríos Adios Fontes.
Rosalía seguirá presente esta semana no cole, pois estanse preparando recitados por niveis de poemas de Cantares Gallegos.
Rosalía seguirá presente esta semana no cole, pois estanse preparando recitados por niveis de poemas de Cantares Gallegos.
OS RISCOS DE INTERNET
O luns 25 de febreiro celebrouse na biblioteca unha charla para pais/nais sobre "Os riscos de internet e as novas tecnoloxías para os nenos e nenas". Foi impartida por José Souto, garda civil no acuartelamento de Noia, e organizada polo departamento de orientación do cole.
Ofreceuse información sobre: os problemas e riscos da internet, as pautas de detección e reacción en caso de abusos ou usos indebidos da internet e as redes sociais.
Ofreceuse información sobre: os problemas e riscos da internet, as pautas de detección e reacción en caso de abusos ou usos indebidos da internet e as redes sociais.
A Bruxa Regañadentes
Os nenos e nenas de primeiro A, representaron o conto A bruxa Regañadentes, con titeres que eles mesmos elaboraron.
Obtendo seda
O programa Enredando, artesanía na escola, impulsado pola Consellería de Economía chegou a semana pasada a nosa biblioteca.O curso pasado, os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, tiveron as súas caixiñas de vermes nas aulas para que se convertiran en bolboretas.
Tiveron a oportunidade de coñecer o proceso para a obtención da seda. Recibiron explicacións sobre o coidado dos vermes, a extracción e elaboración dos fios de seda. E cada un levou un pequeno fío de seda nas súas mans.

04 marzo 2013
FINA CASALDERREY
O xoves 28 de febreiro, tivemos a gran sorte de que a escritora Fina Casalderrey, visitase a nosa biblioteca e estivese cos grupos de quinto e sexto. Na biblioteca estábanna esperando os traballos feitos polos nenos e nenas despois de ler moitos dos seus libros. Os nenos estaban ansiosos por escoitala e facerlle montóns de preguntas.
Ela non defraudou e meteuse ao público no peto. Contou anécdotas, escoitou aos nenos e nenas e asinou os seus libros. A pena foi que o tempo chegou a pouco!
Ela non defraudou e meteuse ao público no peto. Contou anécdotas, escoitou aos nenos e nenas e asinou os seus libros. A pena foi que o tempo chegou a pouco!
Este día foi proposto pola UNESCO para fomentar a poesía, promover o seu ensino, volver á tradición dos recitais poéticos e ofrecer unha imaxe atractiva desta manifestación artística que tanto nos permite expresar.
O Día Internacional da Poesía é unha invitación a reflexionar sobre o poder da linguaxe, que a través da poesía favorece a libre circulación de ideas, a creatividade e a innovación.
Algúns recursos:
Como recitar poesía.