O mellor agasallo para un neno ou nena.
Non é o máis caro, nin o que sae na tele no Nadal.
O mellor agasallo é...
O que permite xogar e imaxinar.
Un libro é un bo agasallo.
Os nenos e nenas estiveron preparando postais para felicitar as súas familias por estas festas. Inventaron acrósticos, desexos para o Ano Novo,...
Logo foron enviadas por correo.
Sabemos que moitas destas postais xa chegaron aos seus destinos, algunhas aínda están por chegar.
Hoxe sábado, ás 20:00, no Auditorio de Rianxo representarase a obra "O Merlo Branco" baseada nun libro de Candido Pazó.
Será a compañía "Criaturas" a encargada de representala. Moitos dos seus integrantes son antiguas alumnas do cole: Andrea, Sara, Aitana, Noemí,.... Facíannos pasar moi bos ratos nos xoves e mércores conto.
Un ano máis as bibliotecas do concello de Rianxo colaboramos para elaborar a guía de lecturas recomendadas para este Nadal.
Este curso participamos: CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEIP Ana Mª
Diéguez de Asados, CEP X Mª Brea Segade de Taragoña, CRA de Rianxo, IES
Félix Muriel, Escola Infantil a Galiña Azul de Rianxo,e a Biblioteca
Pública Municipal Castelao
Onte celebrouse o 120 aniversario da adaptación dun fermosísimo conto de Nadal ao ballet
"El Príncipe Cascanueces y el Rey de los Ratones"
de Hoffman coa música do famoso compositor Tchaikovsky Por este motivo os alumnos/as de 1º ciclo desfrutaron deste fermoso libro en pop-up e dunha das moitísimas películas que versionaron este conto.
Se queredes coñecer máis sobre esta obra picade nos enlaces ou buscade máis información na rede. Por certo, o buscador Google fixo o seu particular homenaxe elaborando este "doodle" para a ocasión.
Ao longo desta semana celebraremos na biblioteca "Cantos de Reis e de Nadal". As aulas participantes cantarán unha panxoliña e logo intercambiaranse un aguinaldo. Este aguinaldo pode ser: tarxetas, postais, doces, lambonadas..... Un pouco de información de en que consistían os Cantos de Reis.
Hoxe visitamos a biblioteca Municipal os alumnos e alumnas de cuarto e terceiro A e C. Sofía ensinounos a biblioteca e logo contounos o conto " A boneca e a Castañeira". Os nenos e nenas decoraron cadansúa castañeira co seu libro preferido e logo escribiron unha mensaxe: - Que chegue un día en que....... Apareceron moitos mensaxes solidarios.
Os nenos e as nenas de 3 e catro anos tamén estiveron na Biblioteca Municipal esta semana.
Sofía cóntoulles o conto: "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis". Martiño escribiu a súa
carta aos Reis Magos pedíndolles unha locomotora con tres vagóns de cores. Na
Noite de Reis, logo de deixarlles noces e leite para eles e auga para os
camelos, deitouse; gustaríalle velos, pero seu pai advertiulle que os reis non
entran na casa dos nenos que non están durmidos. ........
Alí estiveron mirando, curioseando, facendo voar a súa imaxinación entre moitos libros.
Os nenos e nenas levaron un tren de libros para deixar na biblioteca. Animádevos a visitar a Biblioteca Muicipal!
Ao longo deste mes, todos os nenos e nenas do colexio, visitarán a Biblioteca Municipal para facer distintas actividades nela. Pero cun obxectivo común, que é o de colaborar as dúas bibliotecas no fomento da lectura e escritura. Os nenos e nenas de primeiro e segundo baixaron a longo desta semana onde Sofía (a bibliotecaria): Lles ensinou a biblioteca, para aqueles que non a coñecían. Explicoulles o seu funcionamento e animounos a facer o carnet da Biblioteca Municipal a aqueles nenos e nenas que todavía non o tiñan.
Logo contoulles un conto do nadal: "O Abeto". E para rematar, os nenos e nenas, elaboraron cadansúa tarxeta onde escribiron o tema do libro que lles gustaría recibir de agasallo e o seu motivo. Aparecen todo tipo de libros: animais, coches, dinosaurios, etc. Todas estas tarxetas están colocadas na Biblioteca Municipal para que as poidades ver coas vosas familias. Animádevos a visitala! Está moi bonita con todas as vosas tarxetas!
Este xoves tivemos a sorte de que tres nenas de sexto C nos contasen o conto: " O segredo do rei Curro". A biblioteca estaba chea, e soou un forte aplauso polo ben que o fixeron. Animádevos a preparar un conto e contalo na nosa biblioteca. Animamos aos nenos, nenas, rapaces, rapaces, pais, nais, avós, avoas.... Por unha biblioteca aberta a todos e todas!
Hoxe 12 do 12 do 2012, de once e media a doce xuntámonos no porche para recitar poemas de Celso Emilio Ferrreiro.
Recitáronse: O Neno, Irmaus, Deitado Frente ao Mar... e cantouse María Soliña.
E xa as doce, para rematar, cantamos, rapeamos e bailamos o poema Deitado Frente ao Mar.
Esta foi a nosa pequena homenaxe a este gran escritor.
Aquí tedes o vídeo elaborado polo alumnado do 3º ciclo do CEIP da Barqueira no que ilustran e rapean o poema Deitado frente ao mar, que rapearemos ese día
Si queredes coñecer más cousas sobre Celso Emilio Ferreiropodedes facelo XOGANDO!!!
Algunhas aulas están investigando sobre seres mitolóxicos ou máxicos relacionados coa auga, este fermoso vídeo da biblioteca de Cespón vainos ser de gran axuda
As actividades relacionadas coa campaña e enlaces de interes irán aparecendo todos xuntos nesta páxina. Animádevos a usala!
Algunhas clases elaboraron uns broches con motivo do 25 de novembro"Día contra a violencia de xénero" TENPOUCADIFERENÇA e unha canción do libro-disco "María Fumaça" para empregar nas aulas de cara ao 25 de novembro: Escoitaa!!
Este venres apareceron no noso Recuncho Literario unhas fermosas castañeiras acompañadas da súa descrición e por detrás a unha canción popular do magosto:
Non chas quero,non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero ,non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
E as señoras castañas escondían uns refráns do outono.
Conta a lenda, que nunha
zona de Isorna que se chama Sestelo, hai unha fonte preto dun río. Chámase a Fonte
das Meigas. Na noite de San Xoán, as meigas acércanse a esa fonte e
reparten piollos á xente que lle queren mal.
Esta fonte sigue
existindo hoxe en día con ese nome.
Lenda recollida por Maura 3º C. A ela contoulla a señora Juana (unha anciá da aldea).
O venres 16, celebramos o magosto. O tempo acompañounos e así puidemos facer tódalas actividades programadas. Queimamos os medos que escribíramos polo Samaín. Xogamos ao crebacabezas, ao pano, carreiras de sacos,saltamos a corda e tamén turramos dela, a roubar castañas e apañalas e ao tragacastañas.... Conseguimos castañas de ouro, prata, bronce e diploma. Logo para repoñer forzas comemos castañas a fartar.
Unhas imaxes das curtas de outono na biblioteca e unha pequena mostra de nenos/as deseñando: porco espiños, froitos do outono, castañas, mazás, duendes ...... para decorar a nosa exposición de libros de outono da biblioteca. Moitas grazas por axudarnos a levar a cabo estas actividades.
Hai 100 anos que morreu o autor da novela Drácula, Abraham Stoker que foi levada ao cine moitas veces, na Voz de Galicia saíu unha nocia moi interesante si a queredes ver facede clic aquí. Abraham "Bram" Stoker naceu o 8 de novembro de 1847 en Clontarf e morreu o 20 de abril de 1912 en Londres foi un novelista e escritor irlandés, coñecido pola súa novela DRÁCULA(1897).
As nosas 26 mochilas viaxeiras xa comezaron as súas viaxes hai 20 días.
Unhas imaxes do día que se foron repartindo polas aulas.
Esperamos que vos guste o seu contido e animávosvos a escribir nos cadernos de viaxe.
Houbo un concurso de cabazas entre as distintas aulas. O único requisito para participar era que a cabaza de cada grupo fora feita na súa aula.
Houbo un premio para Infantil e outro para Primaria.Todos os grupos participantes obtiveron un diploma acreditando a súa
participación e un pequeno sobre con caramelos.
Para a entrega de premios reunímonos todos/as o
mércores 31 antes do recreo no porche grande. Moitos viñeron disfrazados!! Gañaron as cabazas de Trancas e Barrancas e a cabaza do Pallaso.
Nesta pequena exposición atoparedes algunhas novidades que mercamos.
Estará na biblioteca parte do mes de novembro,xunto co panel de "Corre Corre Cabaciña" para traballar este conto e facerlle cambios.
Colocáronse nos corredores dos distintos ciclos, tramos de papel
continuo negro para que os nenos e nenas decorasen con distintos
motivos relacionados co Samaín.
Os nenos e nenas de 5 anos viñeron cheos de pinguiñas que decoraron nas súas clases, e de outras pingas non tan pequenas....... Houbo un debate nas súas aulas para elexir os personaxes. Trouxéronnos a: Campaíña, ao Loboe a algún personaxe máis......
Os maiores do colexio trouxéronnos aos Megatoxos.
Un curso de quinto a Gerónimo Stilton e outro a Harry Potter. Os de catro anos a Peppa Pig e ao Gato con Botas para o noso "Recuncho Literario". Conseguimos encher a biblio de pinguiñas!!
Os máis pequenos do noso cole tamén visitaron a nosa biblioteca. Trouxéronnos a Pinocho, á Ratiña Presumida e á televisiva Dora a Exploradora para o "Recuncho Literario". Os nenos e nenas de 1º A contáronlle o conto " As Aventuras de Pinocho", que eles mesmos fixeran na clase. Logo viron o video de Pocoyó e a Regadeira Máxica.