Os nenos e as nenas de 3 e catro anos tamén estiveron na Biblioteca Municipal esta semana.
Sofía cóntoulles o conto:
"Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis".
Martiño escribiu a súa
carta aos Reis Magos pedíndolles unha locomotora con tres vagóns de cores. Na
Noite de Reis, logo de deixarlles noces e leite para eles e auga para os
camelos, deitouse; gustaríalle velos, pero seu pai advertiulle que os reis non
entran na casa dos nenos que non están durmidos. ........
Alí estiveron mirando, curioseando, facendo voar a súa imaxinación entre moitos libros.
Os nenos e nenas levaron un tren de libros para deixar na biblioteca.
Animádevos a visitar a Biblioteca Muicipal!
Está moi bonita cos vosos traballos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario