Páginas

31 diciembre 2012

Modelo para crear un libro:

O mellor agasallo para un neno ou nena.
Non é o máis caro, nin o que sae na tele no Nadal.
O mellor agasallo é...
O que permite xogar e imaxinar.
Un libro é un bo agasallo.
Só tes que imprimilo, colorealo e dobralo.
Un pouco de información sobre os Cantos de Reis e panxoliñas para imprimir para logo cantar nestas festas.

>

POSTAIS PARA AS FAMILIAS

Os nenos e nenas estiveron preparando postais para felicitar as súas familias por estas festas. Inventaron acrósticos, desexos para o Ano Novo,...
Logo foron enviadas por correo.
Sabemos que moitas destas postais xa chegaron aos seus destinos, algunhas aínda están por chegar.



Algúns modelos de postais enviadas.

O APALPADOR



O Apalpador estivo nos corredores do 1º ciclo. A aula de 1º C escribiulle :"Cartas ao Apalpador".

Imaxe de Leandro Armas

Si queres: saber un pouco máis sobre este personaxe, xogar con el, colorear debuxos...Pincha na palabra O Apalpador 

29 diciembre 2012

OBRA DE TEATRO

Hoxe sábado, ás 20:00, no Auditorio de Rianxo  representarase a obra "O Merlo Branco" baseada nun libro de Candido Pazó.
Será a compañía "Criaturas" a encargada de representala. 
Moitos dos seus integrantes son antiguas alumnas do cole: Andrea, Sara, Aitana, Noemí,....
Facíannos pasar moi bos ratos nos xoves e mércores conto.

Cantos de Nadal

Xa comezaron os Cantos de Nadal entre clases na biblioteca. Primeiro A cántalle a Quinto C







20 diciembre 2012

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL 3º CICLO

Animarse a visitala para ver os vosos traballos  e os dos vosos compañeiros.

CONTO PINOCHO E OS PIRATAS

Conto feito polas nenas e nenos de primeiro C.
Anivádevos a ler estas aventuras de Pinocho.
O libro atópase no recuncho literario, por si o queredes ler alí.
Son uns e unhas artistas!

Tempo de acivros, tempo de libros


Un ano máis as bibliotecas do concello de Rianxo colaboramos para elaborar a guía de lecturas recomendadas para este Nadal.
Este curso participamos: CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, CEP X Mª Brea Segade de Taragoña, CRA de Rianxo, IES Félix Muriel, Escola Infantil a Galiña Azul de Rianxo,e a Biblioteca Pública Municipal Castelao


Bo Nadal a todos e non vos olvidedes de pedir LIBROS!!!!!

MÁIS CASTAÑEIRAS

Mirade que fermosura de castañeiras feitas polos nenos e nenas de 1ºC

19 diciembre 2012

El Cascanueces y el Rey de los Ratones


Onte celebrouse o 120 aniversario da adaptación dun fermosísimo conto de Nadal ao ballet

"El Príncipe Cascanueces y el Rey de los Ratones"

de Hoffman coa música do famoso compositor Tchaikovsky

Por este motivo os alumnos/as de 1º ciclo desfrutaron deste fermoso libro en  pop-up e dunha das moitísimas películas que versionaron este conto.

Se queredes coñecer máis sobre esta obra picade nos enlaces ou buscade máis información na rede. Por certo, o buscador  Google  fixo o seu particular homenaxe elaborando este "doodle" para a ocasión.



CANTOS DE REIS E DE NADAL

Ao longo desta semana celebraremos na biblioteca "Cantos de Reis e de Nadal".
As aulas participantes cantarán unha panxoliña e logo intercambiaranse un aguinaldo. Este aguinaldo pode ser: tarxetas, postais, doces, lambonadas.....
Un pouco de información de en que consistían os Cantos de Reis.


18 diciembre 2012

CONTOS EN FAMILIA

Andan por algunhas casas unhas bolsas con algún libro para inventar un Gotaconto en familia.




A protagonista debe ser unha gota de auga.
Esperamos publicar algúns deses contos!

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Hoxe visitamos a biblioteca Municipal os alumnos e alumnas de cuarto e terceiro A e C.
Sofía ensinounos a biblioteca e logo contounos o conto
" A boneca e a Castañeira".
Os nenos e nenas decoraron cadansúa castañeira co seu libro preferido e logo escribiron unha mensaxe:
- Que chegue un día en que.......
Apareceron moitos mensaxes solidarios.





14 diciembre 2012

EXPOSICIÓN NADAL

Na biblioteca tendes unha pequena exposición de libros relacionados co nadal,
e o panel para contar o conto " O Príncipe Feliz".

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Os nenos e as nenas de 3 e catro anos tamén estiveron na Biblioteca Municipal esta semana.
Cando Martiño... Sofía cóntoulles o conto:
"Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis".
Martiño escribiu a súa carta aos Reis Magos pedíndolles unha locomotora con tres vagóns de cores. Na Noite de Reis, logo de deixarlles noces e leite para eles e auga para os camelos, deitouse; gustaríalle velos, pero seu pai advertiulle que os reis non entran na casa dos nenos que non están durmidos. ........

Alí estiveron mirando, curioseando, facendo voar a súa imaxinación entre moitos libros.

Os nenos e nenas levaron un tren de libros para deixar na biblioteca.

Animádevos a visitar a Biblioteca Muicipal!

Está moi bonita cos vosos traballos!

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Ao longo deste mes, todos os nenos e nenas do colexio, visitarán a Biblioteca Municipal para facer distintas  actividades nela. Pero cun obxectivo común, que é o de colaborar as dúas bibliotecas no fomento da lectura e escritura.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo baixaron a longo desta semana onde Sofía (a bibliotecaria):
Lles ensinou a biblioteca, para aqueles que non a coñecían.
Explicoulles o seu funcionamento e animounos a facer o carnet da Biblioteca Municipal a aqueles nenos e nenas que todavía non o tiñan.
Logo contoulles un conto do nadal: "O Abeto".
E para rematar, os nenos e nenas, elaboraron cadansúa tarxeta onde escribiron o tema do libro que lles gustaría recibir de agasallo e o seu motivo.
Aparecen todo tipo de libros: animais, coches, dinosaurios, etc.
Todas estas tarxetas están colocadas na Biblioteca Municipal para que as poidades ver coas vosas familias.
Animádevos a visitala! Está moi bonita con todas as vosas tarxetas!




CONTACONTOS: O SEGREDO DO REI CURRO

Este xoves tivemos a sorte de que tres nenas de sexto C nos contasen o conto:  " O segredo do rei Curro".
A biblioteca estaba chea, e soou un forte aplauso polo ben que o fixeron.
Animádevos a preparar un conto e contalo na nosa biblioteca.
Animamos aos nenos, nenas, rapaces, rapaces, pais, nais, avós, avoas....
Por unha biblioteca aberta a todos e todas!

13 diciembre 2012

TEATRO NO AUDITORIO

Aínda que con moito retraso, felicitar aos pequenos e pequenas actores e actrices que participaron na divertida obra.

" O extraño caso da morte de Lady Saraiba".

Noraboa!!!

12 diciembre 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

Hoxe 12 do 12 do 2012, de once e media a doce xuntámonos no porche para recitar poemas de Celso Emilio Ferrreiro.
Recitáronse: O Neno, Irmaus, Deitado Frente ao Mar... e cantouse María Soliña.
E xa as doce, para rematar, cantamos, rapeamos e bailamos o poema Deitado Frente ao Mar.
Esta foi a nosa pequena homenaxe a este gran escritor.



04 diciembre 2012

RecitandoCelsoEmiliO

O vindeiro mércores día 12 de decembro ás 12, é dicir o 12-12-12, levarase a cabo un recital poético no colexio para sumarnos á inciativa  

RecitandoCelsoEmilio

Este é  o díptico que elaboramos:



Aquí tedes o vídeo elaborado polo alumnado do 3º  ciclo do CEIP da Barqueira no que ilustran e rapean o poema Deitado frente ao mar, que rapearemos ese día



Si queredes coñecer más cousas sobre Celso Emilio Ferreiro podedes facelo XOGANDO!!!