Gladys Ximena Pérez Llanes da Universidade de Medellín creou este video que ilustra a importancia de traballar a poesía
O equipo de Biblioteca do CEIP QUINTELA DE MOAÑA ofrécenos estes consellos para ler poesía:
A poesía hai que leela despaciooooooooooooooooooooo,……. e con intención (e emoción).Hai que respectar a puntuación,,,,xa que o ritmo da poesía pode cambiar senón respectamos os puntos e comas.
A poesía necesita porque vai mais alá da palabra escrita,e ten como obxectivo tocar a alma e o corazón dos que a escoitan.
Non podemos ler todas as poesías igual,porque hai poesías para os días de sol, para os días de chuvia, para reir, para xogar, e para sentir.
Utilizade a voz, elevandoa , ou baixandoa , según o pida a poesía .Facede pausas teatrais, silencios………., alongaaaaaaaaaade as palabras,as sílabassssssssss ,segundo vos dicte o ritmo do poema . Non esquezades que :
a poesía é como unha canción sen música.
E como non, no noso cole tamén a traballamos!!!!!!!
O 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía"
Alumnos e alumnas de 2º recitando no patio ós seus compañeiros as poesías que crearon.
Pero tamén traballamos a poesía en moitas outras ocasións:
- Recompilación "Febreiro, mes do amor"
- Recompilación "Día de Rosalía"
Deixovos aquí tamén dous enlaces interesantes da biblioteca do CEIP Pintor Laxeiro sobre como construír poesías e como ilustrar poesías.
Si vos gusta a POESÍA podedes visitar moitos outros enlaces seleccionados picando aquí.
Pareceume moi ben que cada clase fixera unha poesia.
ResponderEliminarOla somos os alumnos/as de 2ºB:
ResponderEliminarGústanos moito recitar poesía. Sobre todo, as de Rosalía e Antonio García Teijeiro.
A nosa favorita é "Un rato díxolle á lúa"
Moitos bicos poéticos,
Alumnos/as de 2º B