Páginas

04 marzo 2011

"O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"



Ola a tod@s:

Onte os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria pasáronno en grande coñecendo a Pescada e ós seus amigos da man dunha cociñeira e dun pescador ben simpáticos.

A que o resto tamén tedes gañas de coñecelos?

Pronto será posible. Cargade ben as pilas comendo peixe durante estas vacacións de entroido e á volta, o venres 11, o resto dos alumnos de Primaria poderedes disfrutar coas súas aventuras.

Mentres tanto podedes premendo na foto tedes un enlace á páxina da Xunta desta campaña con debuxos, fondos de escritorio, xogos, contos...

Por certo, que tal a fideúa de mexillón e o resto dos pratos que comeredes no comedor? Cal é o que máis vos gustou? Cal foi o máis orixinal?

Esperamos os vosos comentarios!!!

7 comentarios:

  1. encantoume a obra e todavia mais os persoaxes Mariña e Luis

    ResponderEliminar
  2. encantaronme os persoaxes MARIÑA ELUIS

    ResponderEliminar
  3. Ola a todos/as:

    A verdade é que estaba durmindo unha sestiña despois de pasarme parte da mañán nadando entre os libros da bilio cando me espertáchedes con tantas risas. Paréceme que vos gustou moito xa que participáches un montón. Eu estiven encantada de escoitar tanto as historias de Mariña e Luis como as que contaban de Pescada, Xurelo, Rodaballo... e, sobre todo, o que vos íades dicindo.
    Gracias a todos/as por facerme pasar un bo rato e aprender tanto.
    Biquiños salgados para todos,

    A Xoubiña Castelao

    ResponderEliminar
  4. encantoume paseino xenial,e os personaxes de mariña e luis fixerono xenial!!!!

    ResponderEliminar
  5. a min fixeronme rir moito.Mariña e Luis fixerono xenial.
    ADEUS!

    ResponderEliminar
  6. Encantoume que viñeran facer esta obra ao colexio,porque foi moi divertida.

    ResponderEliminar
  7. Amin a obra do Sabor do Mar encantoume era de risa e enseñaronnos os peixes que abia.
    Mariña a cocilleira preguntounos
    que peixe nos gustaba.
    Luis era un durmillon e tamen un
    imaxinador tiña soños increives
    pero Mariña era unha simpatica.
    Ese dia o pasamos moi ben todos
    nos reimos.
    Ao final deronnos unhas gorras
    e tamen moitas pegatinas dos
    peixes.
    Hola son Sabela 4ºc

    ResponderEliminar