Os alumnos de infantil e 1º ciclo estiveron traballando
este fermoso libro de Ana Mª onde nos conta contos dun
xeito totalmente distinto ao que estamos acostumados.
Ademáis, todos colaboraron para sorprender á autora e
aos demáis alumnos/as e profesores/as do colexio coa
decoración da biblioteca.
Vinde ver a biblioteca e levade unha das moitas obras
que temos desta autora. Non volas podedes perder!
"Imos inventar un conto, un conto de fantasía;
se non fora polos contos que triste todo sería!"
(Ana Mª Fernández)
o meu neno quedou moi contento coa visita de ana maría fernández. estivo toda a tarde con un dos poemas que lle ensinou o mestre.
ResponderEliminarestas actividades están moi ben.
"mamá hoxe veu a escola ana maría fernández"
eu digolle "quen é ?"
o neno "unha muller con gafas que di poesías"
Moitas Grazas polo voso comentario. Esto é o que fai que mereza a pena tódalas horas que lle adicamos á biblioteca. Moi pronto espero poñervos unha pequena sorpresa con respecto a este evento. Saúdos e moitas e boas lecturas
ResponderEliminarA min gustoume moito
ResponderEliminar