Unha das actividades propostas polo mes do amor foi a de "Cita a cegas cun libro". Todos os nenos e nenas quedaron encantados coas súas parellas e incluso as compartiron co resto da aula. Recomendaron tamén o libro que lles tocou.
21 febrero 2025
12 febrero 2025
BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO
Hoxe a rapazada de 4° de E.P. desfrutou dun interesante obradoiro de elaboración de máscaras de Entroido levado a cabo por Pedras Artesanía.
Aquí tedes unha mostra dos resultados. Un grupo elaborou unha máscara dun Boteiro e o outro unha Bonita de Sande.
11 febrero 2025
11 FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe contamos coa visita de Marta Conde Sieira, investigadora da Universidade de Vigo.
Durante este mes realizaremos diferentes actividades científicas na aula de Polos Creativos.
03 febrero 2025
31 enero 2025
XOGOS SOBRE CASTELAO
Despois de analizar os carteis que elaborastes, propoñémosvos varios xogos.
Empezaremos cunha Roda de Castelao.
Despois tedes dous cuestionarios, un cuestionario con 15 preguntas para 2º ciclo e outro con 30 preguntas para 3º ciclo.
Para poder facelos tedes que ir ata o corredor do pavillón principal onde están os cartaces. Facede grupos e levade unha tablet por grupo e deste xeito podedes ir contestando as preguntas mentras atopades a información necesaria. Animádesvos?
CUESTIONARIO 2º CICLO
DIA DA PAZ
Para celebrar o Día da Paz fixemos un pequeno acto no porche de Infantil no que participaron diferentes aulas.
ANO DE CASTELAO
Durante este ano realizaremos varias actividades sobre Castelao xa que o noso cole leva o seu nome.
Empezamos cunha exposición sobre a súa vida na entrada do pavillón principal e un photocall no pavillón de E. Infantil.
Continuamos cunha liña do tempo. Cada aula investigou e fixo un cartel. Aquí tedes unha pequena mostra dalgún deles.
28 enero 2025
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
20 enero 2025
08 enero 2025
19 diciembre 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Como cada ano, aquí vos deixamos propostas de lecturas para o nadal.
28 noviembre 2024
25 N
Para conmemorar este día fixemos dúas actividades.
Por unha banda, a proposta "Non camiñas soa", na que o alumnado trouxo un zapato de muller que pintamos de violeta no cole e que colocamos no porche de infantil facendo un gran lazo violeta.
Tamén a proposta "Non son fada nin princesa a quen mirar. Eu teño ás para voar". Fixéronse dous murais como un"photocall", un en cada pavillón, dunhas ás de fada. Empregando diferentes seres fantásticos o alumnado pensará en micromachismos e en solucións para eses micromachismos.
27 noviembre 2024
INAUGURACIÓN 2024-2025
Pouco a pouco todas as aulas se achegaron ata a biblioteca para facer a inauguración deste curso.
Aquí podedes ver algunhas das actividades que realizaron.
11 noviembre 2024
08 octubre 2024
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2024-2025: SOMOS FANTÁSTICOS E EXTRAORDINARIOS
Nas vindeiras semanas faremos a inauguración da campaña deste ano que leva por nome "Somos fantásticos e extraordinarios".
Empezaremos investigando sobre Seres fantásticos e mitolóxicos. Aprenderemos moitísimo sobre seres fantásticos galegos e doutras partes do mundo e tamén produndizaremos en nós mesmos porque todos temos algo que nos fai ser fantásticos e extraordinarios.
Neste cartaz están as actividades que realizaremos para a inauguración.
Animádevos a facer esta sopa de letras!
Tamén podedes facer este cuestionario. (2º E 3º CICLO)
Ou este que é un pouquiño máis complicado...
07 octubre 2024
MOCHILAS VIAXEIRAS
Outro curso máis preparamos as "Mochilas viaxeiras". Este ano teredes que facer un ser mitolóxico imaxinario con material reciclado. Animádevos!
01 octubre 2024
EMPEZAMOS O CURSO!
Xa temos o mural case rematado para a inauguración da biblioteca para este curso 2024-2025.
Teremos que investigar moitísimo ao longo do curso e faremos todo tipo de actividades. A Xouba Castelao volas irá amosando neste blog a medida que as vaiamos facendo.
A partir de hoxe a biblioteca estará aberta nos recreos e tamén polas tardes.
22 junio 2024
SAÍMOS NO XORNAL
E o vídeo dos nenos e nenas de 5° de E.P. gustou tanto que ata saímos no xornal!
Picade no enlace para ler a noticia
20 junio 2024
JALISIA NOTISIAS
Para rematar este curso podedes ver este programa titulado "Jalisia Notisias" realizado pola rapazada de 5° de E.P.































