25 febrero 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Este venres celebramos o día de Rosalía cun acto para todo o cole.

 Reunímonos todos no porche de infantil e alí puidemos desfrutar

de diferentes actuacións levadas a cabo por varios compañeiros de sexto e unhas compañeiras de segundo. 

A rapazada de sexto interpretou anacos das obras máis coñecidas da autora e incluso se animaron a rapear. Para rematar, varias nenas de segundo recitaron un anaco do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".

Tamén elaboramos diversos modelos de flores, como xa é tradición na escola.

Aquí tedes un vídeo das diferentes actuacións dese día.







Fixérono xenial e pasámolo moi ben!



14 febrero 2023

10 febrero 2023

LECTURA E FAMILIAS: TALLER DE ALIMENTACIÓN

 O noso cole está participando nun programa chamado "Lectura e familias" levado a cabo pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Grazas a este programa poderemos ofertar diferentes actividades para o alumnado e as súas familias durante estes meses que nos quedan de curso.

Debido ao gran número de alumnado do centro verémonos na obriga de ofertar algunhas das actividades por curso e poñer un aforo.

Agardamos a vosa participación!

Empezamos cun taller de alimentación que será levado a cabo por Arenaria Coordinación.





30 enero 2023

DÍA DA PAZ: I MILLA SOLIDARIA ADR CASTELAO



Moitas grazas familias pola vosa solidariedade!
 Aquí podedes ver todo o que xuntamos durante estes días para doar a Cáritas de Rianxo.

E aquí podedes ver algunhas das clases preparadas coas súas camisetas para comezar a " Carreira pola Paz " do CEIP ADR Castelao.

    3° B
    2° B e 3 anos B



27 enero 2023

IMPRESORA 3 D

 Este xoves os alumnos de 2° de E.P. estiveron coa mestra María diseñando e facendo un colgante do símbolo da paz.




20 enero 2023

PROGRAMANDO O UNIVERSO

 

Este mércores o alumnado de 5º de Educación Primaria tamén tivo unha actividade STEAM denominada "Programando o Universo".

Nesta ocasión traballaron programación e plastilina conductora. Tamén empregaron unha placa micro:bit.




EMPREGANDO A IMPRESORA 3 D

 Esta semana a clase de 5 anos B coñeceu, da man da profe María, como funciona a impresora 3D. Aprenderon moito e viron como a frecha da pantalla se convirteu nunha frecha de plástico.




15 enero 2023

XOGOS EN FAMILIA

A Biblioteca escolar xunto coa Anpa Os Gudiños, organizamos XOGOS EN FAMILIA os terceiros venres de cada mes, de 16:00 a 18:00.

Estades todas as familias convidadas a vir a pasar unha tarde no cole diferente e divertida.

Animádevos!


21 diciembre 2022

Recomendacións lectoras Nadal

Chega o tempo das vacacións de Nadal, momentos de lecer, magníficos momentos para ler.
Non esquezas poñer na túa lista de desexos algún libro.Aquí deixamos algúnhas recomendacións  das novidades de este ano.
Hai libros que serven para varias idades (as idades recomendadas son orientativas). O mesmo libro serve para as nenas e os nenos. Un libro permite xogar, imaxinar, aprender,...Un libro sempre é un bo agasallo no Nadal e en calquera data!
Boas Festas!!!

18 diciembre 2022

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Este xoves e venres o alumnado de 5° e 6° realizou un obradoiro de monicreques. Nesta ocasión traballaron na realización de diálogos e construcción de monicreques. Aquí tedes unha mostra do que fixeron.




Este obradoiro levouse a cabo por parte da Asociacion Morreu o demo, enmarcado no proxecto Da barraca á aula / Barriga Verde.

02 diciembre 2022

NOVIDADES MES DE DECEMBRO

 Aquí amosámosvos as últimas novidades deste mes. Por fin chegaron os tan esperados manga. Tamén podedes atopar libros de Pokemon, as aventuras de Superpedete e Ninja Kid.

Vinde ata a biblio para botarlles unha ollada e levalos para a casa se vos apetece!




30 noviembre 2022

25 N: DÁLLES VOZ

 Para conmemorar este día tan especial preparamos unha actividade que chamamos "Dalles voz".

Preparamos unhas caixas envoltas de papel lila e decorámolas con imaxes de mulleres que tiveron un papel importante na sociedade. Tamén se elaboraron uns pósters con información relevante da súa vida. 

Por suposto non podíamos esquecernos de tantas mulleres científicas que traballaron en moitas ocasións á sombra dos seus compañeiros masculinos.









Ademais, aquí tedes algunhas das actividades realizadas polas diferentes aulas.


Alumn@s de 3° B.
Colaborando na actividade Contratos Programa

Marcapáxinas elaborados polos alumn@s de 2°.


24 noviembre 2022

TALLER DE ARTRÓPODOS

 Aquí tedes unha mostra do taller de artrópodos realizado polo entomólogo Miguel Santamaría. Os rapaces puideron observar e tocar diferentes animaliños.

 Coa colaboración de Contratos Programa.





22 noviembre 2022

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO


Hoxe, martes 22 e mañá, mércores 24, o alumnado de 1º a 4º de primaria aprenderá moito sobre os artrópodos nun obradoiro levado a cabo polo entomólogo Miguel Santamaría. Coa colaboración nesta actividade dos Contratos Programa.


21 noviembre 2022

MALETA VIAXEIRA: BIBLIOTECA CREATIVA

 Temos no cole unha maleta viaxeira chea de libros sobre ciencia, robótica, etc enviada desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Estará no cole ata o 9 de decembro.

Esperamos que vos pareza interesante.



18 noviembre 2022

INAUGURACIÓN 2022

 Este ano o lema da biblioteca é Un mar de cores, xa que imos traballar o significado das cores en diferentes situacións.

Este ano as aulas colaboraron na decoración do mural da biblio pintando varios peixes. Quedou ben bonito, verdade?







EXPOSICIÓN 25 N

 Xa temos unha interesante exposición de libros que podedes empregar para traballar sobre o 25 N.





03 noviembre 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS CURSO 2022-2023

 Arrincamos outro curso máis coas mochilas viaxeiras. Esperamos que desfrutedes nos vosos fogares. 

Aquí vedes a Sofía, da aula de 5 anos A, toda preparada para unha nova aventura coa súa mochila viaxeira.