08 mayo 2020

A nosa proposta para as Letras



No libro As Pitas Baixo a Choiva de edicións Embora recóllese un relato publicado por Carvalho Calero na revista Lar en 1952 no que conta unha divertirda anécdota que lle sucedeu de neno nun día de choiva cando intentaba gardar as galiñas.

Que cres que sucedeu? 

Xa temos o libro na biblio do cole pero terás que agardar ata que poidamos voltar ao cole para poder lelo. 

Mentres tanto propoñémosche que imaxines ti o final desta historia. Que lle puido pasar a Ricardo ?





Deixámosche aquí esta imaxe que atopamos do libro en Internet para que te inspires. 

Si picas nela podes descargar a plantilla para continuar a historia.

Tamén podedes facer un debuxo do final da historia e escribir un breve final. Picade aquí para descargar a plantilla.


Ou se o prefires podes contarnos ti unha anécdota que che ocorrera a ti ou a alguén da túa familia na que interveña un animal. 







Estamos desexando ver os vosos traballos!

Fíxate ben! As plantillas son diferentes segundo queiras inventar o final da historia ou contar unha anécdota.


Ricardo Carvalho Calero


O autor homenaxeado deste ano o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, é Ricardo Carvalho Calero. 

Se queredes coñecelo mirade o Telexornal Carvalho Calero feito polo alumnado do CPI dos Dices.





Aquí tedes varias propostas para Infantil e Primaria ofertadas polo Seminario Galán para traballar a vida e obra deste escritor. Picade no seguinte enlace:  http://seminariogalan.org/inicio/portada . Unha vez alí picade  no libro verde (Documentos para imprimir) e xa tedes todas as actividades. Tamén podedes picar no libro azul (Actividades en liña) se queredes facer as actividades desde o voso ordenador ou tablet.



Tamén tedes unha importante recompilación de recursos sobre o autor nesta entrada do blog de Bibliotecas Escolares de Galicia. 
Picade sobre esta fermosa imaxe de María López Pousa para acceder a eles.


Máis propostas para o Día das Letras Galegas

Para festexar o Día das Letras Galegas que este ano se adica a Ricardo Carvalho Calero, vos propoñemos un "Escape Room".

Estes "Escape Room" foron elaborados por dúas mestras: Ana Sánchez e Amélie Carrila, que quixeron compartir o seu magnífico traballo con tódolos nenos e nenas de Galicia. Desde aquí lles queremos dar as grazas de parte de todo o colexio.

Este "Escape Room" está pensado  para nenos e nenas de Infantil e de 1º.





Esta versión é máis axeitada a partir de 2º.








07 mayo 2020

Retos para o mes de maio: segundo reto

Xa empezan a chegar as vosas elaboracións do segundo reto que propuxemos para o mes de maio. Lembrádesvos? 

Moi ben. As fases da lúa.



Uxía, da clase de 5 anos A, quixo compartir con todos nós esta manualidade tan bonitiña que fixo. Gústavos?




Moi bo traballo Uxía!


Efrén, de 1º B fixo as fases da lúa cuns vasos de plástico. Quedoulle xenial, a que sí?



Fantástico Efrén ! Iso que túa irmanciña Alexia andaba por ahí.



A teacher Sonia estivo dándolle voltas á cabeza e decidiu facer as fases da lúa con cousiñas que tiña pola casa. 
Recordades que estamos traballando a ciencia e o medio ambiente? 
Pois mirade o que se pode facer cuns tapóns, un rotulador permanente e uns  anacos de cartolina. 
Esta é unha forma moi divertida de reutilizar, verdade?





Queredes saber en que fase está a lúa agora? 
Mirade a foto que nos enviou a teacher Sonia.




Fai uns días Efrén fixo un experimento científico. Mirade o vídeo

                                


E como dí o refrán que non hai dous sen tres, Efrén  animouse de novo a facer outra manualidade das fases da lúa, esta vez con cartolina e cartón. Así nos  gusta, reutilizando.

                                 


Moitísimas grazas Efrén polas túas aportacións! Gustáronnos moitísimo!





Animádevos a seguir enviando manualidades, vídeos ou o que vos queirades que nós iremos publicando todo o que mandedes no blogue.


O PAPAGAIO DO MES DE MAIO

Ola rapaces!

Xa tedes á vosa disposición a revista "O papagaio" do mes de maio. De novo en versión dixital.
Botádelle unha ollada e dicídenos que foi o que máis vos gustou.

XOVES CONTO


Queremos compartir con todos vós un conto moi especial inventado por  Catuxa, de 4 anos, coa axuda da súa familia. Utilizaron algúns dos moitíííísimos libros que teñen na casa. 






MOITAS GRAZAS CATUXA! 


Encantaríanos que todos vos animárades a ser conta contos. 
Si vos decidides, facédenos chegar o voso vídeo a bibliocastelao@gmail.com
Pode participar toda a familia!

06 mayo 2020

MÁIS SOBRE O COVID-19


Fai uns días publicamos o conto Bailaremos baixo unha estrela  e hoxe publicamos ¡Quero Saír! un conto para axudar aos máis pequerrechos do cole a saber por que temos que seguir estando tanto tempo encerrados nas nosas casas. 

Cova Días e Nico Ordozgoiti escribírono para o seu pequeno de 3 anos e Hector Cajaraville traduciuno ao galego. 



Ánimo! Agora xa podemos saír un pouquiño das nosas casas!

E para que os maiores poidades tomar todas as precaucións necesarias: 123 preguntas sobre coronavirus
A doctora en farmacia e nutricionista Marián García, máis coñecida como Boticaria García, e a periodista toledana Arantxa Castaño, especialista en temas científicos, elaboraron esta guía divulgativa de fácil comprensión en formato de pregunta-resposta


Esperamos que vos sexa de utilidade!

04 mayo 2020

Retos para o mes de maio


Ola!
Xa tivestedes uns días para resolver o reto das plantas. Non deixei a solución directamente por si estás lendo esto por primeira vez e che apetece facelo.
Os que xa o fixestedes picade na imaxe, veredes a solución. 





Preparados para o seguinte reto?

Seguro que estes días que casi non podemos saír da casa mirades moito pola ventá. Algunha vez o fixestedes de noite? Que vedes? 
O ceo está cheo de misterios que estudan os astrónomos: planetas, estrelas, satélites, meteoroides, materia oscura...

Que vos parece se investigades algo máis sobre un dos corpos celestes que máis influencia teñen sobre nós,  a Lúa?

A Lúa afecta nas nosas vidas sen que o notemos. As mareas prodúcense pola forza de gravidade que exerce sobre o mar. De feito, en moitos calendarios aparecen marcadas as distintas fases da Lúa xa que, por exemplo, as mariscadoras e os agricultores  as teñen en conta para poder organizar o seu traballo. Seguro que alguén da túa familia che pode contar máis cousas sobre como teñen en conta a lúa para ir a mariscar, trasegar o viño, salar o porco... non dubides en preguntarlles.

 A Lúa tamén marcou un antes e un despois na historia da humanidade. Sabes quen dixo: "Un pequeño paso para el hombre, un gran paso para la humanidad" ?  Cando o dixo e por que?  Pregúntalle a teus avós ou bisavós, ou a calquera outra persoa que vivira ese momento tan especial, si se acordan como foi para eles ese momento.

A curiosidade non ten límites podes plantexarte outras moitísimas preguntas diferentes.
Podesnos facer chegar o resultado das túas pesquisas a bibliocastelao@gmail.com e publicarémolas ou compartir con todos nós nos "comentarios" desta entrada o que che resultara máis interesante. 


Segundo reto

Plasma de forma visual as fases da Lúa. 
E envíanos fotos ou un pequeno vídeo do resultado do teu traballo. 

Aquí tes algunhas ideas:

- Con galletas Oreo. Ñam, ñam!










- Con vasos de plástico.


- Con goma eva



Da igual como o fagas o único importante é que te divirtas investigando e aprendendo!
Estou impaciente por ver os vosos traballos!

Recorda: bibliocastelao@gmail.com

03 mayo 2020

Todos a bailar con Pesdelán


Bos días familias!

Hoxe é un día especial, o Día da Nai, un día para compartir en familia. 
Como aínda temos que seguir na casa o grupo Pesdelán propónvos  percorrer mundo a través de bailes tradicionais galegos, de Euskadi, Brasil, Portugal... 



                                
                             Animádesvos?

Que tal o pasastedes? Deixádenos os vosos comentarios.


01 mayo 2020

Retos para o mes de maio


Ola a todos! Que tal estades? 

Espero que todos esteades moi ben. 


Dadas as actuais circunstancias as actividades que tiñamos previstas no noso PDI  
                  Ciencia e lectura, que loucura! 
víronse  interrumpidas. Non vos preocupedes, farémolas noutro momento. 

Maio é o mes das flores. E hoxe, 1º de maio, seguindo unha tradición ancestral seguro que nas portas das casas, nos coches, nas garneiras... podedes ver un ramiño de xesta.

Sabedes por que? 

Pois para anunciar a chegada do bo tempo e tamén como protección contra o "mal de ollo". 

Non sona moi científico verdade?  

Pero é parte da nosa cultura e das nosas tradicións. 
Os maios son festas moi importantes nas provincias de Ourense e Pontevedra. 

Estívenlle dando voltas e... neste mes de maio vouvos propoñer varios retos científicos.  

O primeiro, en homenaxe a esta tradición, ten que ver coas plantas.  

Como xa dixen colocamos ramiños de xesta pero... Sabes como se chama esta planta en castelán?  "Retama" Oíchelo algunha vez?

Primeiro reto: 

Saberías unir os nomes comúns en galego e castelán destas plantas?


Queremos agradecer a Arenaria (María e David) que colaboren tanto co noso cole e que nos propuxeran este primeiro reto científico. 

Recordade que nunha entrada anterior xa vos informamos que propuxeron varios retos para estes días na súa páxina web, en concreto en CIENCIA DIVERTIDA #QUEDANACASA

Deixámosvos uns días para que o resolvades e despois poñeremos as solucións.  
Se non sabes como son algunhas das plantas podes buscar imaxes e máis información sobre elas  nunha guía de plantas, nunha enciclopedia, en fontes fiables de Internet, etc.
A curiosidade dun bo científico nunca ten fin!

Fixestes esta actividade? Gustouche?  (deixa comentarios no apartado de "comentarios" desta entrada, xusto debaixo)

Queres propoñernos ti un reto científico? Fixestes algún experimento e gustaríache compartilo con todos nós? Mándanos unha foto ou un vídeo a bibliocastelao@gmail.com   

24 abril 2020

CONTO SOBRE O COVID-19



Aquí podedes ler o conto escrito pola  psicóloga Fernanda Rodríguez Muguruza titulado Bailaremos baixo unha estrela.  Ademáis de ofrecer información sobre a prevención do Covid-19, transmite unha mensaxe de esperanza e valor á vida.



Marcapáxinas polo día do libro


Mirade que fermosos marcapáxinas fixo Uxía polo Día do Libro


Recordade que si vos animades a facer vós os vosos marcapáxinas 
e queredes compartilo con todos podedes mandarnos foto ao mail 
da biblio:

bibliocastelao@gmail.com

Tedes varias ideas na entrada  "actividades día do libro"










Moitas grazas  tamén a Sabela e Lorena por facernos chegar unha foto das súas fermosas creacións!





















E aquí tedes tamén o fermoso marcapáxinas de Elena







Moitísimas grazas a todas por participar. 

E vós non vos animades? 


Enviádenos as vosas creacións a bibliocastelao@gmail.com (pode ser calquera cousa que se vos ocurra un vídeo contándonos un conto, recitando unha poesía, adiviñas, chistes...  un conto feito por vós, unha poesía... un experimento científico... manualidades sobre contos...)



23 abril 2020

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Ola a todos!

Aquí tedes o álbum coas fotos que me enviastes. Picade na imaxe para ver tódalas fotos.







Moitísimas grazas a todos os que participastes!

Aquí tedes un vídeo con recomendacións lectoras para tódalas idades, incluso para papás e  mamás, gravado pola profe Aida  (membro do Equipo de Biblioteca) 






Ademáis, como hoxe é xoves e non podemos ir á biblio a desfrutar  do conto de "O Xoves conto" aquí  tedes o enlace ao vídeo dun libro que estou seguro que vos vai gustar. Trátase da historia do libro Todos menos uno.





Gustouvos? 




22 abril 2020

VIDEOCONTOS INCLUSIVOS



Aquí vos propoñemos unha serie de videocontos sobre Inclusión. Moitos destes libros témolos na biblioteca, así que poderedes levalos emprestados cando volvamos á normalidade.

1. POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA



2. O CAZO DE LORENZO


                                 

3. JUUL  ( a partires de 10 anos)

                          

4. YO VOY CONMIGO


                             

5. ORELLAS DE BOLBORETA



20 abril 2020

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO


Estimadas familias:

Como sei que nestes días tamén estades gozando da lectura quería proporvos unha actividade para celebrar o Día Mundial do Libro, o 23 de abril.

 Trataríase de  que vos saquedes unha foto co voso libro preferido. Se non tedes o libro, pois podedes facer un debuxo do mesmo.

 Logo a mandades ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliocastelao@gmail.com e as miñas axudantes elaborarán unha presentación con tódalas fotos recibidas. Importante: no asunto da mensaxe escribide LIBRO, para que nos sexa máis fácil localizar as vosas fotos.

Agradeceríavos que enviásedes as fotos durante esta semana.



Moitas grazas pola vosa  colaboración.


-Aquí tamén vos ofrecemos este díptico para descargar e colorear. Fai uns anos que o fixemos, pero vós sabedes que é moi importante reciclar, así que imos aproveitalo tamén este ano.






-Necesitades un marcapáxinas? Queredes facer un agasallo polo día do Libro? Picade nas imaxes para saber cómo elaborar estes marcapáxinas tan bonitiños.

Recordade que moitas veces podemos empregar anacos de materiais que temos por ahí e que non usamos. As caixas dos paquetes de cereais ou similares se poden usar en lugar de cartolina se lles poñemos un folio enriba.

Non vos esquezades  da importancia da reutilización para coidar o medio ambiente.




             
                               

                   


Se vos animades a facer algún destes marcapáxinas tamén nos podedes enviar as vosas fotos ao noso enderezo electrónico.

19 abril 2020

DIA MUNDIAL DO LIBRO, 23 DE ABRIL


Aquí vos amosamos o díptico elaborado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional para conmemorar o Día do Libro.
Nesta ocasión cun fermoso texto de Manuel Gago.

16 abril 2020

#EULEONACASA


Xa que non podemos ir á biblioteca buscar libros. Moitas editoriais ofrecen algunhas das súas obras en formato dixital para que todos poidamos seguir lendo durante esta tempada.

1.Temos por exemplo Bahía Edicións, que publica libros en galego. Publicou na súa web varios libros que podedes descargar e ler tranquilamente na casa. Tedes libros a partires de 4 anos. Aquí tedes algúns títulos. 







 






Picade aquí e podedes ver tódolos títulos que ofrecen:







2. Edicións MoitoConto, os creadores da revista O Papagaio tamén teñen na súa páxina web enlaces a algúns números do papagaio. Picade no enlace e botádelles unha ollada: http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html


3. Aira Editorial tamén quere compartir con tódolos lectores o seu novo cómic "Carriandola". Picade na imaxe






REVISTA "O PAPAGAIO"

Ola a todos!

Como este mes é especial podedes desfrutar da revista O Papagaio en versión dixital.

Botádelle unha ollada que hai cousas moi interesantes.


Retos científicos para quedar na casa


Levas moitos días pechado na casa e xa non sabes que facer?

Hoxe propoñémosche que visites a páxina web de arenaria coordinación onde María e David, os nosos científicos de cabeceira, propoñen distintos experimentos e actividades para que aprendas ciencia de forma divertida mentres quedas na casa. 


                                                                                                                                                (Pica na imaxe)

Algunhas delas pode que xa as coñezas do noso clube de ciencias "Código ADR" ou da actividade extraescolar do noso cole "Ciencia Divertida". 

Anímate e mándanos algunha foto ou un pequeno vídeo (1 ou 2 minutos) facendo algún destes experimentos a bibliocastelao@gmail.com e subirémolo ao blogue.

Ahhh, e non te olvides de deixarnos os teus comentarios!!!!! Que experimento che gustou máis? Houbo algún que non che saleu? Gustaríache que propuxeran algún experimento en concreto sobre algunha cousa?  (pica en comentarios xusto debaixo destas liñas)