28 febrero 2020

ENTROIDO


Aquí podedes ver como celebramos o Entroido no colexio seguindo o tema do noso PDI sobre Ciencia e Medio ambiente. Podemos ver dinosauros, peixes, activistas, árbores, arcos da vella e incluso cohetes.

Picade na foto para ver máis imaxes.


17 febrero 2020

PROXECTO DE CIENCIA: VISÍTANOS UNHA ASTROFÍSICA

Hoxe tivemos a visita doutra científica. Nesta ocasión foi Isabel Rebollido, unha fantástica astrofísica que veu dar tres charlas sobre o universo.
O alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto quedou encantado con esta visita.


Volve cando queiras!

12 febrero 2020

MURAL DE MULLERES CIENTÍFICAS

Onte na actividade extraescolar de Ciencia divertida tamén quixeron facer unha pequena homenaxe ás mulleres científicas. Por iso elaboraron este mural tan bonito que hoxe colgamos na entrada.


A nós encántanos, e a vós? Grazas Arenaria pola vosa aportación.

11 febrero 2020

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Para lembrar este día tan importante temos unha exposición na biblioteca e tamén un mural con información en formato cómic sobre diferentes mulleres científicas.



Podedes atopar mais información nestas páxinas web:
www.mujeresconciencia.com
www.11defebrero.org


CHARLA SOBRE MULLERES E CIENCIA


Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día internacional da muller e a nena na ciencia.
Tivemos a sorte de recibir a visita de Cristina Vilas, científica e investigadora da USC. Deulles aos sextos unha charla titulada " De maior quero ser científica matemática".




Ademais, ensinoulles moitas curiosidades e mesmo descifraron mensaxes empregando o código César.
Moitas grazas pola túa visita Cristina e agardamos que non sexa a última.

07 febrero 2020

VISITA DE EXPERTOS


Seguimos co proxecto de Ciencia. 
Este xoves tivemos a visita de Olga Ces, enfermeira que actualmente traballa na Xunta.
 Estivo cos cuartos ensinándolles nocións básicas de primeiros auxilios e tamén lles falou sobre a importancia das vacinas.



Moitísimas grazas pola túa xenerosidade!

31 enero 2020

CHARLA SOBRE PLANTACIÓN E REFORESTACIÓN


Hoxe estivo con nós Emilio Saborido, membro da asociación Fousas ao monte, quen veu darlles unha charla ao alumnado de 4 de primaria sobre plantación e reforestación.


Estiveron atentísimos xa que para o vindeiro mes irán prantar eles mesmos ao monte.

TRABALLAMOS O DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de segundo de primaria traballaron a biografía do artista urbano Bansky con motivo do Día da Paz.






30 enero 2020

DIA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz e a non violencia no colexio.
As aulas decoraron o símbolo da paz para logo adornar o colexio. Tamén se propuxo facer unha receita para conseguila paz, por iso cada aula escolleu un ingrediente para elaborar esta receita.
 Aquí podedes ver unhas imaxes do ben que o pasamos.





BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIROS DE E-TÉXTILES


Este venres 24 de xanairo leváronse a cabo na nosa biblioteca uns obradoiros de experimentación sobre E- téxtiles a cargo de Paola Guimaráns, especialista en educación na área de e- téxtiles e impulsora da iniciativa educativa aula STEAM.
O alumnado de 4 de primaria tivo a sorte de experimentar con circuitos e papel, circuitos e téxtiles, e un obradoiro de Makey Makey en Scratch. Unha nova e divertida forma de aprender e combinar arte, ciencia e tecnoloxía.






13 enero 2020

MALETA VIAXEIRA: CIENCIA EN PRIMARIA

Xa temos na biblioteca a segunda maleta viaxeira emprestada pola asesoría de bibliotecas escolares.
Desta vez, o contido da maleta é a ciencia. Podedes atopar moitos títulos interesantes sobre animais, experimentos, mulleres científicas, o espazo, etc.
Recordade que podedes coller e ler os libros desta maleta durante os recreos e tamén polas tardes, de catro a seis. Xa sabedes que non se poden levar emprestados.


26 diciembre 2019

AGASALLOS DE NADAL

Algunhas aulas fixeron os agasallos de nadal para as familias reciclando diferentes materias. Aquí tedes unha mostra das cousas fermosas que fixeron.


CANTOS DE REIS

Os nenos e nenas de segundo de primaria ofreceron uns cantos de reis aos seus compañeiros, que os agasallaron cun aguinaldo.




21 diciembre 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras para este nadal.
Esperamos que desfrutedes das vacacións e do tempo en familia.

28 noviembre 2019

27 noviembre 2019

OBRADOIROS DE CIENCIA DO 25 AO 29 DE NOVEMBRO


Xa temos preparados os diferentes obradoiros sobre ciencia na biblioteca. Como vedes, temos diferentes actividades.
Xa sabedes que tedes que  vir cos vosos titores/as na vosa hora de biblioteca.
Algunhas aulas xa viñeron ata a biblio e pasárono moi ben. Picade na imaxe e buscádevos.



Esperamos que desfrutedes con esta experiencia e aprendades moito!

22 noviembre 2019

EXPOSICIÓN 25N


Este ano a exposición sobre o 25N está dentro da biblioteca. 



Estas son suxerencias de títulos para traballar esta semana (Dispoñibles na exposición, entre outros).





Recordade que fóra, na entrada da biblioteca, temos un panel onde colocaremos os "Contos sobre igualdade" que estades elaborando nas vosas aulas.




16 noviembre 2019

PRESENTACIÓNS MES DA CIENCIA


Nesta presentación podedes atopar información sobre a reciclaxe do refugallo que creamos no día a día.



                        
Reciclaxe1 castelao de bibliocastelao


Nesta outra tedes información sobre as fontes de enerxía.

                           

14 noviembre 2019

XOVES CONTO


Este xoves volvemos ter contacontos na biblioteca. Hoxe as protagonistas foron Daniela e María, de 4º C. O conto escollido foi O rabaño.






Moitísimas grazas rapazas!

13 noviembre 2019

VISITA A CORREOS


Hoxe os alumnos de terceiro de primaria visitaron a oficina de Correos da nosa vila. Aproveitando que están traballando a carta na aula que mellor xeito de meterse no tema que coñecer a onde van parar todas aquelas cartas que enviamos e recibimos. Coñeceron a labor de Correos e os seus empregados, como clasifican a paquetería e o correo e tamén curiosidades da filatelia.




Moitas grazas aos traballadores de correos por recibirnos cos brazos abertos!