25 febrero 2015

Recitando a Rosalia

Recitado do poema Adiós Ríos Adiós Fontes. Nenos e nenas de primeiro que agora están en segundo A.

24 febrero 2015

Encontros con escritores.

O xoves 19 de febreiro os alumnos e alumnas e os Mestres de 5º recibimos a visita de Anxo Fariña. Veu a falarnos dos dous últimos libros  dos Megatoxos que publicou
“Os Megatoxos e o ladrón de Xade”
“ Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa “.
A parte de falarnos dos personaxes destes libros, contounos como comezara a idea de crear os Megatoxos, e sabedes como foi?
 A partir de un toxo e dunha aposta cun amigo seu.

Tamén nos falou de como empezar unha historia e darlle forma. Foi moi divertido, porque nos explicou como a partir dun simple debuxo dunha caixa, se podían inventar miles de historias, e  díxonos que a nosa imaxinación nos podería levar a onde nós quixéramos.



Foi unha experiencia inolvidable, ata outra Anxo Fariña!!!!!

Eu son Rosalía

Propostas de actividades.
Elaboramos esta tarxeta para que eles e elas escriban Eu son Rosalía: porque ...... cando ...... para.........

Recitando a Rosalía

Hai dous anos tamén recitamos poesías de Rosalía na biblioteca. Rebuscando atopamos este vídeo que estaba sen montar. Estes nenos e nenas que daquela ían en cuarto están agora en sexto.

22 febrero 2015

Día de Rosalía

Durante esta semana propoñemos aprender algo sobre a súa vida , coñecer e recitar algúns dos seus poemas.

Tamén elaborar nas clases unha flor a que lle colgaremos este poema de Rosalía. Estas son as tarxetas que elaboramos:
Busca de información sobre Rosalía de Castro:
Broche ou pegatina:



Máis recursos:
A canción O Moucho de Migallas do seu libro Pan de Millo.
O MOUCHO forma parte dun poema máis longo do seu libro CANTARES GALLEGOS .


Esta é a montaxe do poema O Moucho do IES A Guía, animación en stop-motion .Unha historia de medo en forma de poema.

24 de febreiro día de Rosalía de Castro

Máis recursos que foron repopilándose outros anos. Rosalía.
Rabuñando novos cantares con Rosalía. Material da biblioteca Caracolatola. CEIP Alexandre Bóveda. Algúns recursos e actividades.

Libro Lim sobre Rosalía de Castro.
Baseado no libro "ROSALÍA" editado pola fundación. Autora do libro: Helena Villar Janeiro Ilustradora: Ánxeles Ferrer LIBRO-LIM DO POEMA "PARECE UNHA ROSA", AS ILUSTRACIÓNS SON DE ISABEL PINTADO (ED. ESPIRAL MAIOR) Poemas de Rosalía publicados polo concello de Vigo.
Material sobre Rosalía: Ospoemasdorío

20 febrero 2015

Maleta Viaxeira de matemáticas

Chegounos unha maleta  á biblioteca. Debía de estar un pouco aburrida porque durante estes días non estivemos no cole. Viña cunha etiqueta que poñía Matemáticas e por fóra tamén se podía ler Asesoría de Bibliotecas Escolares. Que viría dentro?
Ao abrila descubrimos fermosos libros relacionados coas matemáticas. Os nenos e nenas prepararon os números para expoñer estes libros e películas.


Durante esta semana teremos  unha das Maletas de Matemáticas que oferta a Asesoría de Bibliotecas Escolares e que inclúe libros e películas que abordan contidos matemáticos desde a ficción e a non ficción. Aproveitaremos esta oportunidade para coñecer novos materiais e recursos para abordar o currículo das Matemáticas desde a biblioteca escolar e a lectura.

O cartaz da campaña da Asesoría de Bibliotecas para este curso "Biblioteca escolar.... Matemático!!! é obra do ilustrador David Pintor. (Está no lateral)




Os máis pequenos aproveitando a súa sesión de biblioteca foron os primeiros que desfrutaron dos libros.
Esperamos aproveitala aínda que a temos pouco tempo!

18 febrero 2015

Traballo dos nenos e nenas de sexto sobre frases célebres dos Premios Nobeis da Paz.

Busca de información

Traballo dos nenos e nenas de sexto sobre algúns atentados no mundo.

Recordando algúns dereitos


ContaContos pola Paz

Os nenos e nenas de terceiro B contáronos o conto de Ramón Caride  A Pomba Dona Paz.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro de esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

CONTACONTOS POLA PAZ

Este foi un contacontos da nosa semana adicada aos contos de Paz. Esta vez foron os nenos e nenas de 2º A con .
Moi ben rapaces e rapazas!

17 febrero 2015

COÑECENDO FINLANDIA

Coñecendo Etiopía

O mércores 4 de febreiro recibimos a visita de David. Estivo cun grupo de segundo e outro de cuarto.


El estivo vivindo en México, e contou como é a vida alí, os seus costumes, a súa gastronomía, o seu clima, monumentos, a súa fauna... Ata de como as xentes axudan aos sapoconchos a chegar ao océano Pacífico. Amosounos xoguetes típicos e dounos a probar tortillas e nachos con salsa picante!!!!

Como se chegou ata a hora do recreo, moitos alumnos e alumnas se sumaron á degustación.

Moitas grazas David por colaborar con nós!

Hora de Ler. Contos de amor e amizade de cada continente

Febreiro. Mes do Amor

Elaboramos esta guía cos libros que temos na exposición de libros de amor e amizade que está montada na biblioteca.

ContaContos a cargo de Patricia e Alex

Este mércores os nenos e nenas de Educación Infantil gozaron dunha sesión de contacontos a cargo de Patricia e Alex. Contáronlles dous contos: O Sacapenas e Quen é ese becho?
Pasárono moi ben!

10 febrero 2015

Recibimos esta fermosa carta.

Mañá os nenos e nenas de Educación Infantil terán a sorte de participar nesta sesión de Contacontos a cargo de Patricia e Alex.