Páginas

20 marzo 2026

VISITA Á MOSTRA "CASTELAO GRAFISTA ( FACSÍMILE"

 Esta semana a rapazada de 5° e 6° baixou ata o Auditorio de Rianxo a ver unha mostra sobre Castelao que está levando a cabo a Fundación Abanca. Repartidos en pequenos grupos, puideron analizar algúns dos debuxos do autor.




18 marzo 2026

CHARLAS 8M

Esta semana a aula de 3° B recibiu a visita de varias nais de alumnos.

Um día visitounos  Raquel Romero, nai de Sofía Vila. 

Explicoulles en que consistía  o seu traballo como letrada na administración de xustiza da Xunta de Galicia.





Outro día achegouse ao cole Ánxela Miguéns, nai de Ángel. Tamén lles explicou en que consiste o seu traballo como técnica de riscos laborais.




Moitas grazas pola vosa visita!

13 marzo 2026

OBRADOIRO: AQUA MISSION

 Hoxe a rapazada de 4° realizou un obradoiro sobre Acuicultura.

Esta actividade foi posible grazas ao ofrecemento de Marta Conde, investigadora da Universidade de Vigo e nai de tres alumnos do centro.



20 febrero 2026

23 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Picade na imaxe para acceder a un ficheiro con diferentes actividades sobre Rosalía de Castro





Ademáis das actividades que vos deixamos na exposición de Rosalía, compartimos  aquí varios recursos en liña por se queredes xogar un anaco. 

Estes recursos elaboráronos os nenos e nenas do CEIP Felipe de Castro de Noia. Dámoslles as  grazas por compartir estes materiais.

Empezamos cun xogo en Genially para Educación Infantil e logo seguimos cun Rosco sobre Rosalía para Educación Primaria.

04 febrero 2026

11F: XOGOS INTERACTIVOS MULLERES E CIENCIA

Empezamos cun Rosco sobre o cartaz "Mulleres en STEM"




Continuamos cun xogo para 1º ciclo:


Seguimos con outro para 2º e 3º Ciclo



02 febrero 2026

11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Compartimos con vós esta activide creada polo equipo de biblio do centro. O título é "Científicas polo mundo" e fai unha pequena escolla de mulleres científicas actuais.

Picade na imaxe para acceder á actividade.


Tedes unha copia do documento na carpeta do proxecto deste ano que está na biblioteca. Faremos unha pequena exposición con varias destas cientícas,  que elaborará o alumnado de 5º e 6º.

Tedes tamén este cartaz sobre "Mulleres en STEM". Picade na imaxe.








25 enero 2026

OBRADOIRO DE BICHOS "TOCA, TOCA"

 Hoxe o alumnado de 3º e 34º de E.P. desfrutou dun obradoiro de bichos levado a cabo polo entomólogo Miguel Santamaría. Puideron ver e tocar diferentes bichos e coñecer aspectos da súa vida.









22 enero 2026

LIÑA DA VIDA DE CASTELAO

 Aquí podedes ver unha liña de vida de Castelao que elaboramos coa información dos cartaces que cada aula creou o ano pasado.

Botádelle unha ollada!