Finalmente fixemos diferentes flores para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro.
Aquí tedes algunhas, cada unha ten o seu propio encanto, verdade?
Páginas
▼
28 febrero 2019
VISITA DE PAULA CARBALLEIRA
Este martes 26 de febreiro recibimos a visita de Paula Carballeira. Nesta ocasión foron os terceiros e os cuartos os que disfrutaron das historias desta incrible escritora.
Esta vez Paula ven falarnos do seu libro Bruxa e familia.
26 febrero 2019
CONTACONTOS O COCIÑEIRO MARTIÑO
O 25 de febreiro o alumnado de Educación infantil, primeiro e segundo de E.P. baixaron ata o Auditorio de Rianxo para desfrutar dun contacontos levado a cabo por Iago López.
Nesta ocasión o contacontos tamén era o escritor do libro O cociñeiro Martiño.
Que ben o pasamos!
Por certo, xa tedes na nosa biblio a segunda parte O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.
20 febrero 2019
CELEBRACIÓN DO 14 DE FEBREIRO CUN CONTACONTOS
O 14 de febreiro, día dos namorados como ben sabedes, os nenos e nenas de infantil foron á Biblioteca Pública Municipal de Rianxo escoitar un contacontos.
Nesta ocasión o libro escollido foi ¿Qué es el amor? de Davide Cali.
https://photos.app.goo.gl/LQE6SuoXXeMGWfHw7
Ademais, os alumnos e alumnas de 5 anos prepararon uns fermosos vídeos explicándonos que era para eles o amor.
13 febrero 2019
MÚSICA NA BIBLIOTECA
Hoxe no recreo os alumnos e alumnas de 3ºA ofreceron un pequeno concerto de frauta na biblioteca. Aquí tedes a mostra do ben que o fixeron.
Volvede cando queirades!
CONTACONTOS
Hoxe tivemos un divertido Contacontos para educación infantil ofrecido pola Editorial Kalandraka. Nos contaron varios contos, entre eles A Ratiña Presumida e O Elefante Nunú.
Pasámolo xenial!
11 febrero 2019
FEBREIRO: MES DE ROSALÍA E DO AMOR
Como ben sabedes, no mes de febreiro celebramos o mes de Rosalía de Castro e o amor.
Coma tódolos anos, faremos lecturas e diferentes actividades sobre a autora.
Polo momento xa temos preparada unha escolma de libros sobre o amor.
Ademais xa estamos preparando xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega as flores a Rosalía deste curso.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!
Polo momento xa temos preparada unha escolma de libros sobre o amor.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!
DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional da muller e a nena na ciencia.
Durante este mes estará na biblioteca unha exposición de mulleres docentes e un xogo de mulleres científicas galegas emprestado polo Servizo de Dinamización da Lingua Galega do concello e a biblioteca Anxel Casal, de Santiago de Compostela.
Animádevos a vir á biblioteca!
06 febrero 2019
DÍA DA CANDELORIA
O luns catro de febreiro celebramos o Día da Candeloria. Os nenos e nenas levaron para a casa un globo vermello cunha fermosa tarxeta sobre o casamento dos paxariños.
Comeza febreiro, mes do amor....
DÍA DA PAZ
Para conmemorar o Día da Paz os nenos e nenas de 1º A ilustraron e aprenderon o poema de Xosé Neira Vilas "Cantarola dos nenos". Foron polas aulas a recitalo.
Fixérono moi ben!
Aquí tedes un pequeno vídeo