Proxecto final da clase de 2º B de primaria. Videorroteiro por Rianxo.
Páginas
▼
09 julio 2018
03 julio 2018
BANDA DESEÑADA. ARROASMAN E ARROASGIRL 2
Segunda entrega das aventuras de Arroasman e Arroasgirl. Aventuras rianxeiras. Que ocorrerá?
ENTREVISTA A ROSALÍA.
Facendo teatro, entrevistando fomos coñecendo a Rosalía. Esta poetisa tamén ten a súa presenza na nosa vila.
Esto ocorreu na biblioteca ala polo mes de febreiro ou marzo.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. BANDA DESEÑADA.
Creación de banda deseñada onde Rianxo é o lugar onde suceden estas aventuras.
POR CATRO RECANTOS DE NADA
Por Catro recantos de nada. De Jérôme Ruillier
Cadradiño quere xogar na casa dos seus amigos Redondiños, pero non pasa pola porta porque… A porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarchee os recantos!», dinlle o redondiños. «Oh, non! –di Cadradiño– Doeríame moito!» Que podemos facer? Cadradiño é diferente. Nunca será redondo.
Un libro sobre a amistade, a diferencia e a exclusión.
Tivemos xa a sorte de que o contaron no Xoves Conto, e agora algo máis están facendo. Haberá que esperar ao curso que vén.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
O alumnado de sexto de primaria representou para a inauguración do proxecto unha adaptación da obra teatral de Castelao
Esto supuxo un gran esforzo por parte das titoras, do alumnado, pero o resultado mereceu a pena.
Fixeron a representación para todo o colexio no auditorio e logo repetiron actuación para as súas familias.
Grazas ao grupo teatral Airiños por prestarlle algún do seu atrezo.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. ENTREVISTA RADIO VOZ
Entrevista en Radio Voz sobre o Proxecto TIL
Anímate a escoitar a entrevista e coñece un pouco sobre o noso proxecto.
Abrir Rianxo ao Mundo. RIANXO IN ENGLISH
Material audiovisual que non puido ser exposto. Os alumnos e alumnas de sexto, preséntanse e fálannos un pouco sobre a gastronomía de Rianxo. Pincha aquí ou visita a páxina web do cole.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. ANUNCIOS.
Os nenos e nenas de cuarto B convidando a coñecer Rianxo. Vídeos publicitarios. Están na páxina web do cole.