Páginas

28 marzo 2017

ABRIL MES DOS LIBROS


Achégase abril,e con el unha das datas máis significativas.O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.

Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado.

06 marzo 2017

Proxecto Escornabots. Trivial dos Alimentos



Trivial dos alimentos:

É un xogo que trata de integrar nunha mesma actividade a biblioteca escolar, os Escornabots e o tema da campaña de fomento da lectura.

Consiste en ir movendo o Escornabot polo taboleiro e responder preguntas.

As preguntas agrúpanse en catro categorías temáticas. As casiñas do taboleiro tamén teñen estas categorías.

Instrucións:
-  Lánzase o dado para decidir quen empeza. No noso caso,
 o que saque o número maior.
-  Colócase o Escornabot na casiña de saída.
-  Lánzase o dado e introdúcense no Escornabot as
 instrucións para movelo o número de casiñas 
que indica o dado.
-  Se as instrucións do Escornabot son incorrectas,
 pérdese a quenda.
-  Unha vez na casiña correspondente, o xogador/equipo
 contrario colle unha tarxeta da categoría que indica a 
casiña e realiza a pregunta.

 -Se o xogador acerta a pregunta, gaña un tapón da cor desa categoría e pasa a quenda ao
 seguinte xogador/equipo. 
Se a resposta é incorrecta, non recibe o tapón e tamén pasa a quenda ao seguinte.

O xogador/equipo que consiga un tapón de cada cor (son 4 en total), gaña a partida.


-  S
segu