Páginas

NÓS LEMOS. E TI? EU LEO. E TI?

Agueda está tumbada sobre un feixe de libros e o seu elexido é o de Pepa Pig ¡Qué sorpresa!
Grazas por enviarnos a foto!

24 abril 2015

O venres 24 os nenos e nenas terán o encontro coa escritora Alicia Borrás Sanjurjo. Estiveron lendo Nata y chocolate e ¡Nata y Chocolate invencibles!
Se queres coñecer un pouco mellor a esta escritora.


23 abril 2015

Obradoiro para familias.

Quedan prazas libres neste obradoiro. Si alguén máis se anima que veña o este venres 24 de abril ás 16 horas na biblioteca do colexio. Recordade é unha actividade para facer en familia. Polo que os nenos e nenas teñen que vir cun adulto.

Monster´s Madness.

Os mestres e mestras de inglés organizaron esta actividade no mes dos libros para achegarnos un pouco a lingua de Shakespeare. Fixéronos pasar un rato divertido aos nenos e nenas!

Encontro co escritor Pere Tobaruela

O mércores 22, os cuartos tiveron o encontro co escritor Pere Tobaruela. Leran os  libros: Formig4s Misión París,  Formig4s Misión en Nova York e O Códice do Santo Lugar.  Tamén elaboraran numerosos debuxos o que dou pé a que Pere nos contara moitas curiosidades:
 Xa cun ano a súa nai lle deixaba pintar nas paredes, 
Na escola presentábase a todo concurso canto había.
O seu perxonaxe preferido na saga dos Formi4as é o doutor Paomau!!
Durante dúas horas os nosos nomes mudaron. Todos e todas pasamos a chamarnos FormiMaría, FormiNoa, FormiPaula, ForJuan, FormIván...Descubriunos que tamén escribía co seudonimo de Lea Tobery.


22 abril 2015

Falamos e coñecemos Brasil

Esta actividade desenvolveuse a semana pasada, xa o levabamos intentando dende hai tempo e por unhas ou outras non o dabamos conseguido pero e o luns tivo ese fantástico encontro. Susi veu a falarnos da súa terra, Brasil. 
Estivo cos nenos e nenas de segundo e de cuarto. Faloulles do país, das praias, do entroido, das comidas,da xente ...
Moitos nenos, nenas e profes  xa tiñan ganas de viaxar ata Brasil!
Moitas grazas Susi por colaborar no noso proxecto!

21 abril 2015

Presentación 23 de abril Día do Libro.

23 de abril Día do Libro


More presentations from Biblio Castelao

Como ben sabedes, o 23 de abril, celébrase o Día do Libro. No cole, adicaremos a semana a facer diversas actividades relacionadas con esta data. Por se queredes saber máis deste día ou descubrir recursos relacionados con contar e escribir historias, aquí vos deixamos unha pequena compilación de recursos:

Encontro con Pere Torabuela

O mércores 22, despois do recreo, os alumnos e alumnas de cuarto terán un encontro co escritor Pere Tobaruela. Estiveron lendo os seus libros Formig4s Misión París e Formig4s Misión Nova York.
Si queres coñecer algo máis sobre o autor e a súa obra:


20 abril 2015

Abril é un mes moi especial para as BIBLIOTECAS ESCOLARES por ser o mes dos libros e da lectura.

Ademais, o día 23 é o sinalado pola UNESCO como o DÍA MUNDIAL DOS LIBROS E DOS DEREITOS DE AUTOR. 





Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. A súa recomendación para este día:Ás veces o destino está no libro que tes ao lado.Só tes que abrilo e gozar".
Nós elaboramos este díptico para coñecer un pouco mellor por que se celebra esta data e tamén a autores como William Shakespeare, Garcilaso da Vega e Miguel de Cervantes.


OBRADOIRO DE TEATRO EN FAMILIA

Na biblioteca estamos de noraboa! Esther F. Carrodeguas estará na nosa biblio impartindo un obradoiro de contos dramatizados para nenos/as e adultos/as. Todo un luxo!

Lembrade, tedes ata o martes 21 para anotarvos nesta actividade. Non esquezades convencer a un adult@ para que se anote con vós. Non deixedes pasar esta oportunidade de pasalo ben xogando cos contos.
Animarse a participar!

19 abril 2015

EDITORIAL WEEBLE. LIBROS GRATUÍTOS PARA LER NA PANTALLA

A editorial Weeble preséntase como un pequeno grupo de nais e pais que deron paso a unha rede de persoas comprometidas coa educación e dispostas a investir o seu tempo na creación de libros infantís para ler pantalla ou descargalos. Escriben, ilustran e traducen.
Xa hai algúns libros escritos en galego. Así, podemos acceder a Viaxe ás estrelas, A miña primeira viaxe ao sistema solar,... e varios máis que verán a luz nas próximas semanas.
Alguén máis se anima a traducir? Ou a ilustrar?
A iso chámaselle voluntariado lingüístico!
Porque hai xente que pon estes recursos a disposición de todos e todas, gratuitamente. Para que contemos con maís recursos informativos en formato dixital, e na nosa lingua.

08 abril 2015

Nós lemos. E ti?. Eu leo. E ti?

Co novo trimestre comezamos as actividades de Abril, Mes dos Libros. Con algunhas delas queremos implicar ás familias e convidalas a participar con nós. Queremos pedir a vosa colaboración para a seguinte:
Nós lemos e ti? Eu leo, e ti?
 Queremos organizar unha exposición sobre a lectura, os libros e a súa importancia nas nosas vidas, sumándonos á campaña da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (pero adaptada). A actividade consiste en escoller un dos nosos libros favoritos e realizar un selfie acompañado de amigos ou familiares mostrando a portada do libro. Acompañaremos a foto dun pequeno texto explicando por que nos gusta. Enviamos plantilla para pegar nela a foto. Os selfies podedes enviárnolos tamén ao correo da biblioteca é serán subidos ao blogue.
 Enderezo: bibliocastelao @gmail.com
 Se non vos animades cos selfies, podedes debuxar a portada do libro e un pequeno texto explicando por que vos gusta.

07 abril 2015

Novo libro


A mamá que perdeu as cóxegas. de Clara do Roxo con ilustracións de Ana Francisco de Jorge Vázquez.

Velaquí unha historia sobre unha familia na que unha nai, experta en rir e rir e rir gozando das cóxegas, xa non o fai. Que será o que lle pasa?, por que non dorme polas noites?, que é o que lle preocupa? Como en tantas ocasións, serán os pequenos da casa os que inicien unha investigación que consiga aclarar como é que mamá perdeu as cóxegas. E, sobre todo, por que.

Unha historia pensada para nenos e nenas a partires de 10 anos.

01 abril 2015

Novo libro

Bieito Dubidoso de Roque Cameselle na colección Milmanda de Xerais.

Bieito Dubidoso, o mago de Tui, xa chegara a nós nun formato dirixido aos pequenos, pero faino agora en forma de novela xuvenil para mostrarnos o horror medieval da man do bispo Xoán, dono e señor da vila con poder absoluto e malas artes. O fermoso e cruel bispo está disposto a mil estratexias para acabar cos de Bieito. Un neno e unha moza chegada do lonxano Norte, Bieito e Destreza, que maduran mentres descubren o amor e a perda das persoas queridas. Rede lectura. Asesoría Bibliotecas Escolares.