Páginas

31 diciembre 2014

XovesConto

Como non puxéramos aínda nada dos XovesConto iremos engadindo algúns dos que se foron contando no primeiro trimestre.
Nenos e nenas de cuarto foron os contadores do libro  "Seis Barbudos." Varios contaban o conto por primeira vez nos XovesConto pero ninguén o diría polo ben que o fixeron e o seguros que se lles vía.

O libro que escolleron "Seis Barbudos" de Mar Pavón e ilustracións de Vitali Konstantinov conta a historia na que os Seis Barbudos entran en distintos locais e en todos causan terror e desconfianza entre clientes e dependentes .Con todo, este temor é infundado, xa que a súa presenza nos establecementos é para adquirir o que normalmente se compra alí e a finalidade das súas compras tampouco é sinistra. 
Mar Pavón dá unha lección do enganosas que poden ser as aparencias e de como estas crean prexuízos inxustos.

Nesta ocasión, con Seis Barbudos, Mar Pavón pretende que os pequenos se conciencien de que, por norma xeral, non é bo deixarse levar por primeiras impresións, nin pola “mera aparencia”.



29 diciembre 2014

TRADICIÓNS DE NADAL NO MUNDO E CONTOS

Cando nos puxemos a buscar contos doutros países en galego  atopamos moi poucos así que, xunto co equipo de dinamización da lingua ,estivemos selecionando e traducindo contos de distintos países. Animarse a ler algún!



FLOR DE PASCUA. MÉXICO.


TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS

Algunhas fotos do acto de presentación  no Auditorio do tríptico de recomendacións de lecturas que as bibliotecas escolares e a biblioteca municipal elaboramos no mes de decembro para animar a que a lectura e a cultura en xeral, estean presentes nas nosas casas e nas nosas vidas tamén no Nadal.


Por segundo ano enchemos o auditorio para falar de libros e enchemos o escenario de nenos, nenas, mozos e mozas que se emocionan coa lectura e a música e que conseguiron que o acto fora alegre, dinámico e emocionante.

NORABOA a todos os nenos, nenas, mozos e mozas que participastes no acto por transmitir tan boas vibracións ao redor da lectura e os libros.

GRAZAS aos compañeiros e compañeiras de todas as bibliotecas escolares e a Sofía, da Biblioteca Pública Municipal Castelao, por facer o tríptico e a presentación posibles.




28 diciembre 2014

Tempo de acivros Tempo de libros.

Participación do colexio C.E.I.P ADR Castelao de Rianxo na presentación da guía de lectura "Tempo de acivros, Tempo de libros" o 12 de decembro 2014 no auditorio municipal de Rianxo. Co libro. Quen Fala? da escritora Arianna Papini.Editorial Kalandraka.



Participación do colexio C.E.P. Brea Segade de Taragoña  co libro "Os dereitos da Infancia" da editorial Xerais.


Participación do colexio C.E.I.P. Ana María Dieguez de Asados coa canción "os Número" do disco Xiqui, xoque, fiú, fiú! de María Fumaça.


Acto presentación da guía:Tempo de Acivros Tempo de Libros.

Neste primeiro video están:
A presentación do acto.
Presentación do libro "As señoras cousas" de Helena Villar Janeiro.
Presentación do libro " Como aprendí a leer" de Agnes Desarthe.


Outro  da presentación do libro " As señoras cousas" de Helena Villar Janeiro.

24 diciembre 2014

GAÑADORAS DE INVITA A ANDERSEN A COÑECER O TEU POBO.

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, celebra 25 anos de andaina coa publicación do libro ‘Choven palabras no futuro’, que acaba de ver a luz co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A obra, que será distribuída pola Consellería nos centros educativos de Galicia con estudos de infantil e primaria, foi presentada onte na Cidade da Cultura polo presidente de Gálix, Francisco Castro; pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou a participación no libro dos 25 autores e autoras, e dos ilustradores galegos que contribuíron cos seus traballos á realización da obra. Na súa representación participaron na rolda de prensa María Solar, Marilar Aleixandre, Paula Carballeira, Anxo Fariña, Antonio Seijas, Antonio Manuel Fraga Allegue e Xosé A. Perozo.


Gañadoras do certame Invita a Hans Christian Andersen.

Na rolda de prensa tamén se lles fixo entrega dos seus premios ás gañadoras en Galicia do concurso literario Invita a Hans Christian Andersen, promovido pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (Oepli), da que forma parte Gálix. As galardoadas, que recibiron un diploma e un lote de libros, foron, Claudia Gómez Regenjo, do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo, na categoría de primeiros lectores (1º e 2º de primaria); Paula Cutrín Calvo, do CEIP Os Casais de Fene, na categoría de lectores avanzados (de 3º a 5º de primaria); e Carla Rodríguez Pérez, do IES Carlos Casares de Vigo, na categoría de superlectores (de 6º de primaria a 2º de ESO).

En referencia ao certame, o presidente de Gálix recordou que Galicia foi a comunidade que contou cunha maior representación no premio polo número de alumnos e alumnas que participaron e tamén explicou que o galego foi o idioma con maior presenza neste certame estatal, ao que tamén concorreron traballos en castelán, éuscaro e catalán.



Noraboa Claudia!

Festival de Nadal

Unhas poucas fotos das distintas actuacións do Nadal.
Algunhas delas por iniciativa dos titores e titoras xiraron en torno a bailes ou danzas do mundo.
Houbo:
 Tango de Arxentina.

 Baile de África e Baile da India.
 Baile de Canadá.
Rock de América.
A Cucaracha de México.
Batukada de Brasil.
Outro baseado no libro Titiricircus de Kalandraka. Máis información en Sonrisas y Mandilones.
Máis fotos.

ENCONTRO CON MANOLO RIVAS

O pasado xoves 18 de decembro os nenos e nenas de 2º e 3º do cole xunto cos compañeiros do Brea Segade, tiveron a fortuna de coñecer ao escritor Manolo Rivas e poder escoitalo falar sobre a súa obra "O raposo e a mestra", que previamente leran nas aulas.
Fixo de todo: ler, cantar, bailar, e facernos gozar...
 O acto, que tivo lugar no Auditorio de Rianxo, contou ademais con interpretacións musicais das cancións populares que aparecen no libro a cargo de Ce Orquestra Pantasma.
Todo un luxo! Volveron encantados e encantadas! 


17 diciembre 2014

ENCONTRO CON MANOLO RIVAS. " O RIVAS"


Mañá, os nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria, terán o gusto de participar no encontro co escritor Manolo Rivas. Están deseosos de coñecelo despois de ler o seu libro "O raposo e a mestra".

Temos que recomendalo para que os que aínda non o lestes non deixedes de buscalo na biblioteca e de coñecer a un raposo argalleiro que seguro vos vai gustar.
"O raposo e a mestra" con texto de Manolo Rivas e ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, conta unha fermosa historia coa natureza como protagonista, e máis concretamente a natureza galega e o monte Pindo. Acompañan a historia unhas ilustracións que nos van contando a historia e que lembran á banda deseñada.
Pero se de verdade queredes saber se debedes ler este libro falade cos nenos de 2º e 3º, eles son uns expertos en "O raposo e a mestra"

TEMPO DE ACIVROS,TEMPO DE LIBROS.



A presentación do tríptico Tempo de acivros, tempo de libros do venres pasado aparece en Fotos de Rianxo. Premede no enlace para ver as imaxes tan chulas que subiron.

16 diciembre 2014

TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS



Aquí está a guía de lecturas 2014 das bibliotecas de Rianxo: 
"Tempo de acivros, tempo de libros". 
Clicando na imaxe podedes vela en grande. O xoves entregarase aos nenos e nenas.
Felices lecturas e felices festas!

Apalpador



Canción O Apalpador, de Paco Nogueiras, incluída no libro-disco “Brinca Vai!”
…As fazulas coloradas

e moi grandes zapatóns,

carrexando sempre un saco,

aí vén o Apalpadoooor…”

13 diciembre 2014

Nadal

Bo Nadal!       Shana Tova!      Shub naya baras!      Joyeux Noël et bonne année!     Feliz Natal!    Feliz Navidad y próspero Año Nuevo!
Unidade didactica nadal from ceipvirxedorocio

Achégase o Nadal e nesta presentación do CEIP Virxe do Rocio podemos atopar tradicións do noso Nadal, panxoliñas, e como se celebra o Nadal noutros países.

09 diciembre 2014

Guía de lecturas de Nadal

O venres 12 de decembro as 19:00, no auditorio de Rianxo, faremos a presentación da guía de lectura:

 “Tempo de acivros
 Tempo de libros”.

 Na creación e na presentación colaboran todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal.

C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo
C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados
C.E.P. Brea Segade de Taragoña
I.E.S Félix Muriel de Rianxo
C.R.A. de Rianxo
Biblioteca Municipal de Rianxo


Quedades todos e todas convidados.

03 diciembre 2014

CDG: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Hoxe fomos os terceiros, cuartos, quintos e sextos ao teatro! Tivemos a sorte de poder asistir no Auditorio de Rianxo á representación de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, unha produción do Centro Dramático Galego. A obra de Carlos Casares é un clásico do teatro infantil. Trátase dunha historia fantástica, a primeira deste tipo na literatura infantil galega.

En Rianxo, hoxe apareceron laranxas dun limoeiro.





Considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares ao ámbito da literatura infantil e xuvenil, galardoada en 1973 co I Premio de Literatura Dramática para a Infancia e a Mocidade da Asociación Cultural 'O Facho', As laranxas máis laranxas de todas as laranxas foi a obra escollida polo CDG para producir hai dez anos o seu primeiro espectáculo especialmente dirixido aos espectadores máis novos.


Os nenos e nenas desfrutaron moito coa obra unha mágoa non poder asistir todos os nenas e nenas do cole.
Grazas ao concello por facernos participes da cultura.

02 diciembre 2014

O Festival da Lúa

Uns nenos de 2º C,Pablo e Xián,  contáronnos unha tradición china que agora celébrase en moitas rexións do mundo.O Festival da Lúa.
Entre os nenos e nenas da súa clase elaboraron un cartel informativo.

Aprende a usar as imaxes!! e Investigando nos documentos impresos

Estes titoriais elaborados polo CEIP Friáns-Teis Biblioteca O Lar do Frianciño, ensínannos: como empregar as imaxes de internet e a investigar nos documentos imprensos.

30 noviembre 2014

Matriarcas

 É un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado “LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO“. É a homenaxe que Guadi Galego fai as mulleres. Ás de verdade,. Ás nais, ás irmás, ás avóas, ás noivas, ás amigas.

Novembro. Mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares.

Durante este mes tivemos tres actividades relacionadas coa ciencia:

Exposición da Bolboreta Monarca. Unha gran viaxeira.
Viaxe da bolboreta Monarca. Exposición que estivo na biblioteca e na que os alumnos debían buscar datos sobre a bolboreta, as súas migracións,...e completar unhas fichas coa información que ían recollendo nos distintos paneis. 
Esta exposición completábase cun fabuloso e curioso vídeo sobre as migracións dos animais.




Fichas elaboradas para a busca de información.




Exposición sobre o Sistema Solar:

Esta exposición foi elaborada polas titoras de cuarto e os seus alumnos e alumnas. Aproveitando o estudo na clase do Sistema Solar, os nenos e nenas, tiveron que elaborar nas súas casas as súas maquetas. Para completar a exposición escribiron unhas tarxetas explicativas sobre os planetas,estrelas, satélites,..Elaboraron un fermoso mural e completando isto, unha exposición de libros informativos que manexaron nas aulas e unha ficha de busca de información.
Un éxito a exposición!






Durante varios anos todos os alumnos do colexio veñen participando en actividades de divulgación científica sobre o mundo mariño a través de varios programas: Rianxo Divulga e Ecomar. Estes celebráronse sempre na biblioteca: charlas, proxeccións,experimentos,xogos.. este curso comezamos co programa Horizonte 20 30. Un programa promovido pola Asociación Mexilloeira Rianxeira e o Grupo de Acción Costeira ‘Ría de Arousa’.
Aproveitando a celebración da Semana da Ciencia, realizáronse uns obradoiros científicos no auditorio rianxeiro. 
Estes obradoiros pretendían que os nenos e nenas: coñeceran o labor que desenvolven os científicos, puideran ver ou tocar diversas mostras reais da flora e da fauna mariña, saber máis en profundidade sobre o mexillón, 


Contou con 4  obradoiros:

1º Relacionado co cultivo do mexillón:viron nun mexillón diseccionado as partes das que este se compón, puideron mirar por unha lupa diversas mostras de especies de plancton.
2º Distintas especies de animais mariños 
3º Experimentos:

  •  Como a contaminación afectaba ás distintas especies. Descomposición dunha cunha. 
  • Ás distintas densidades dos materiais. (aceite,..).
  • Reaccións químicas co almidón da pataca.



As próximas sesións xa serán no colexio.

Carteis do 25 de Novembro nos corredores de Educación Infantil

Así quedaron algúns dos carteis onde Mafalda  e os seus amigos nos aconsellan que con Tolerancia e Respecto obtemos a Igualdade.

27 noviembre 2014

O DÍA DE ACCIÓN DE GRAZAS.


Unhas nenas de 2º C,Noa e Sara,  contáronnos unha tradición americana que se celebra por estas datas o Thanksgiving Day.
Entre os nenos e nenas da súa clase elaboraron este cartel informativo.

Fixeron un gran esforzo porque o contaron a todas as clases de primaria, algunhas aulas e outras na biblioteca.

Si queredes saber algo sobre esta data mirade o vídeo.


25 noviembre 2014

SAMAÍN EN EXIPTO

Conto elaborado polos nenos e nenas de 1º B polo Samaín. Xa está na biblioteca nas nosas creacións, para que o poidades levar en préstamo as vosas casa.

Conto Samaín En Exipto 1ºb

25 de novembro

      Sabedes que, nalgúns países, a muller é un ser desprovisto de dereitos...?
 En Paquistán, as mulleres están obrigadas a levar burka, unha prenda de roupa que tapa completamente o seu corpo e a súa cara. 
Neste país, ser muller e mestra é moi perigoso: 
Shahnaz Nazli  foi asasinada este ano por dar clase a nenas. 
Noticia.

Por contar nun blog (baixo pseudónimo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguiu recuperarse das feridas recibidas. Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europeo por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes e recibiu o Premio Nobel da Paz 2014.Malala loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres. 

Cartel que repartimos nas aulas para decorar con: palabras, poesías, cartas,...

24 noviembre 2014

25 Novembro Día Internacional Contra a Violencia de Xénero


Este ano escollemos a Mafalda para o noso cartel por varios motivos:
  • Mafalda é unha nena preocupada pola paz e os dereitos humanos unha das cousas que odia é a violencia.Este ano cúmprense o seu 50 aniversario.
 

Outra para que coñezan ao seu ilustrador e escritor Quino que conseguiu o Príncipe de Asturias en outubro deste ano.


Na biblioteca está montada unha exposición cunha selección de libros que tratan o tema da igualdade de xénero.
Durante estes días só serán para uso do profesorado.


Achegámosvos unha selección de libros e enlaces 

Díptico Lecturas 25 Nov 142

23 noviembre 2014

25 de Novembro

O próximo día 25 de novembro, é o Día Internacional contra a Violencia hacia as Mulleres, pero non nos imos centrar na violencia senon que imos facer fincapé no Bo trato e na igualdade entre xéneros. Defendendo a prevención para evitar a intervención. 
Para que no futuro non exista ese maltrato a nosa responsabilidade é educar ás novas xeracións no Bo trato , o respecto e coidado entre os individuos independentemente do seu sexo.

Esperamos que vos sexan de utilidade na clase ou na casa, independientemente de que sexa o non o día 25... a coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano.
Si queredes coñecer o motivo polo que se celebra este día. Pincha aquí.
Na biblioteca xa vos están esperando unha boa selección de contos ao longo destes días iremos engadindo enlaces e contos.

Este curso incorporamos aos nosos fondos da biblioteca outro conto de Adela Turín e Nella Bosnia  editado por Kalandraka:

A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Rato a que atopa a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.
Podedes ver o video do conto pinchando aquí.
Tamén as imaxes e texto en castelán do conto.



Outros libros que van estar na exposición:

Eles comían,viaxaban e modernizabanse mentres elas recolectaban comida e criaban aos bonobiños. Pero os Bonobos non aceptaban que as Bonobas tamén puideran aprender e evolucionar. 
Vídeo do conto en castelán. Pincha aquí.
Vídeo do conto contado en galego. Pincha aquí.
Imaxes e texto do conto en galego. Pincha aquí.

Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Imaxes e conto en galego. Pincha aquí.Webquest de Rosa Caramelo.


Unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. 
Fichas para escribir sobre o conto.

Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou.
Video do conto para ler.
Imaxes e letras do conto.