Páginas

29 mayo 2014

Enquisa para o profesorado


Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar os recursos á túa disposición





Grazas por colaborar!

As Nosas Verbas.

Adaptación do conto  Verbas de Sal de Antonio García Teijeiro realizada polos nenos e nenas de 2º A.

28 mayo 2014

Antonio García Teijeiro

Algunhas fotos do encontro cos nenas/as.
Cantaron, compuxeron, rapearon, recitaron,.. A poesía estivo moi presente na biblioteca.
Aos nenos/as encantoulle a visita!



Todo un honor, para nós a súa visita!

Contos en familia

O luns 19 de maio , tivemos a gran sorte de que dúas familias nos contasen un conto . O conto elexido foi O Capitán Calabrote.
Miguel tocando o acordeón, un Pablo o bombo e outro a pandeireta, Pedro o contrabaixo, Marta o cuatro e Yolanda foi a narradora.
Fixeron 3 sesións: unha para os seus compañeiros de primeiro, outra para os compañeiros de terceiro e outra no recreo para todos aqueles que quixeron vir a velos á biblioteca.
Moitísimas grazas por colaborar!

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Esta foi a presentación que vimos no noso Festival das letras sosbre o autor homenaxeado. 

26 mayo 2014

Encontro con Paula Carballeira.

Algunhas fotos do encontro que mantiveron os nenos/as do 2º ciclo con esta fabulosa escritora,contadora e actriz.
Un ano máis volveunos a asustar cun dos seus contos!


23 mayo 2014

FESTIVAL DAS LETRAS

Hoxe no auditorio realizamos o Festival das Letras. Neste festival quixemos homenaxear a diferentes autores da nosa cultura.
Recitáronse os poemas de Xosé Mª Díaz Castro: Penélope e Esmeralda.
Dos libros:
   Recendos de Aire Sonoro  e Queda la música recitáronse poemas que falaban de : frautas, trompas, tubas, trompetas, guitarras, gaitas, pianos,clarinetes,violonchelos, saxos, contrabaixos,oboes, timbais e pandeiretas. Os nenos/as tocaron pezas de estes instrumentos.
 de Antonio Teijeiro


Non podían faltar poemas musicais dos rianxeiros: Brea Segade e Faustino Rei Romero.
Rematamos cantando todos xuntos a Rianxeira.
Contamos coa colaboración dos alumnos/as da escola de música de Rianxo, outro doutra escola de música, do grupo de música tradicional A Restreva, do pianista da escola de Música de Rianxo Iago e dalgúns mestres na parte musical.
Doutros nenos/as para recitar, presentar, explicar..
Grazas a todos por compartir estes momentos de música e letras!
Grazas a tódolos músicos que nos acompañaron!
Grazas aos pais e nais por colaborar levando os instrumentos!
A música e a poesía viaxaron collidos da man!

Novo Libro


Pitusa Semifusa é o novo libro-disco que acaba de publicar Galaxia na colección Sonárbore para o público infantil. Dez temas de ritmos variados e con multitude de instrumentos, fan parte deste novo proxecto que ilustra Leandro Lamas.

Os instrumentos musicais preséntanselles aos maís novos da man de Olga Brañas e con colaboradores como Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha ou Anxo Pintos .
A través da historia da neta dunha directora de orquestra que se achega a coñecer as familias de instrumentos.

Xa o temos encargado, nuns poucos días xa o podedes atopar na biblioteca.

Carta a Hans Christian Andersen


A organización española do libro infantil e xuvenil, OEPLI, convocou un concurso polo día do libro infantil e xuvenil no que participou alumnado do noso centro. Tiñan que escribirlle unha carta a Hans Christian Andersen e facer unha ilustración. 

Queremos darlle a nosa máis entusiasta NORABOA a CLAUDIA GÓMEZ REGENJO de 2º A gañadora no apartado de primeiros lectores en galego.

P.S. Si picades na ilustración poderedes ler a fermosa carta que Claudia lle escribiu a Hans.


La Vida Es Bella


Outro fantástico traballo dos alumnos de sexto neste caso de Claudia Gómez Martínez sobre a película La Vida es Bella.


Fantástico Claudia!

El Gran Dictador


Alumnado de sexto veu a película El Gran Dictador de Charles Chaplin e elaborou un traballo sobre ela. Queremos destacar este pola súa calidade.


É outro traballo de Daniel Ferro. Segue esforzándote así en todo; o teu traballo verase recompensado!

As Vacinas

Daniel Ferro Herbón realizou este traballo sobre As Vacinas que queremos compartir con todos vós. 

Noraboa, Daniel polo teu esforzo!

Un mundo de posibilidades... nas túas mans


A OPAC do Meiga, programa co que catalogamos todos os fondos da nosa biblioteca ofrece un montón de posibilidades: saber si temos un libro na biblioteca ou non, onde está colocado, se temos máis libros do mesmo autor... e tamén enciclopedias, xornais e outros recusos online gratuítos... só vos fai falta o voso carné.


Nas próximas semanas membros do equipo de biblioteca explicarán a todo o alumnado de primaria como se usa a OPAC e daranvos este tríptico e o voso CARNÉ DE BIBLIOTECA para que poidades acceder desde calquera ordenador aos servizos que ofrece.

Por suposto, se tedes calquera dúbida preguntade.

21 mayo 2014

Palabras de Amor



Anímate a construír o teu libro de Palabras de Amor.
Despois de decoralo dóbrao polas liñas e ao medio. Xa podes lelo! e incluso levalo no peto por si o precisas! 

20 mayo 2014

Encontro con Antonio García Teijeiro.


Mañá mércores 21 Antonio García Teijeiro visita a nosa biblioteca para realizar un encontro cos nenos e nenas do primeiro ciclo.


Temos o gran honor de recibir na biblioteca a un dos grandes mestres da poesía. Os nenos e nenas  levan todo o curso preparando a visita.
Uns leron o libro de Ventos e outros o de Recendos de aire sonoro entre outros moitos.
Coñecen moitísimas poesías e da gusto escoitalos recitar.

Si queres coñecer máis sobre o autor

16 mayo 2014

Adiviñas pasadas por auga.

O curso pasado os nenos e nenas recolleron un montón de adiviñas relacionadas coa auga. Con todo ese material elaboramos esta presentación.

Apadriñamento Lector.

O martes 29 de Abril dentro das actividades do día do libro estiveron de novo os padriños e madriñas lectoras do IES Felix Muriel. Viñeron 3 novos padriños, cheos de contos para os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro. 

Grazas!

15 mayo 2014

Día da familia

Algunhas clases de terceiro elaboraron estas botellas cunha mensaxe musical para o día das familias.

13 mayo 2014


Fai uns meses a Fundación Camilo Jose Cela estivo no centro realizando obradoiros de divulgación da figura deste ilustre padronés.

Xa vos contamos algunhas das actividades realizadas en entradas anteriores, si queredes volver a velas mirade no lateral esquerdo do blog ata que atopedes "Cela".


O alumnado de 2º do colexio 


elaborou 4 contos que nesta 
semana do 12 ao 18 de maio
participan no concurso escolar
"A casa das letras".

Picade no enlace da foto. Lede os contos e votado polo voso favorito.


Para votar tedes que abrir o libro que máis vos guste e buscar na parte inferior o corazón 



   Animádevos a participar nas votacións!!!!


Os meus mellores desexos a todos os participantes!!!

11 mayo 2014

Encontros con escritoras

O doce de maio estará cos nenos e nenas do 2º ciclo, Paula Carballeira.

A biblioteca está chea de distintas casas. Casas refugallo, casas fideu, casas con patas, ...

08 mayo 2014

Modelos para facilitar a búsqueda.

Para facilitar esta búsqueda elaboramos estas fichas para poder seleccionar a información e presentala ben.

Busqueda de información

Unha proposta que acaba de saír e a busqueda de información sobre os compositores musicais.

04 mayo 2014

Non hai agasallos á altura da aprendizaxe, da xenerosidade e do amor incondicional que nos ofrece unha nai, pero si libros que o valoran.

Escolma poética. Recendos de Aire Sonoro. Antonio García Teijeiro

Preparando o encontro co gran escritor Antonio García Teijeiro .Elexíronse algúns poemas do seu libro Recendo de Aire Sonoro. 
Estes poemas falan de: notas, violíns, guitarras,trompetas, Beethoven,Beatles, ....

Os Maios.


Os maios para Educación Infantil.