Páginas

31 diciembre 2013

Azulín Azulado.

Estas rapazas xa non están agora no cole pero o curso pasado contárannos este fermoso conto:
                    " Azulín Azulado"
Acordámonos moito delas xa que eran unhas fabulosas colaboradoras.

Roberto Vidal Bolaño.

Tiñamos unha débeda con Roberto Vidal Bolaño este Autor, Actor e Público do Aquí.
Esperamos que o video sexa do voso agrado!

26 diciembre 2013

Libros recomendados polas bibliotecas na Biblioteca Municipal.

Xa tendes, esperándovos, na Biblioteca Municipal todos os libros do tríptico 
Tempo de Acivros  
Tempo de Libros.
Bueno, algúns xa que outros xa están por algunhas das casas. 

Anivádevos a ler e comentar algún dos libros recomendados.

23 diciembre 2013

Festival de Nadal



Bueno, bueno... xa estaban tardando as fotos do festival de Nadal que celebramos o venres, día 20. Resultou un espectáculo fantástico no que participou todo o alumnado do centro!!!
 Os nenos e nenas volveron demostrar que son uns estupendos actores, actrices, bailaríns e cantantes que nos fixeron aplaudir a rabear. 
Velaí vai van algunhas fotos. A DISFRUTAR!!!

20 diciembre 2013

Como actividade previa á visita á Biblioteca Municipal, os nenos e nenas de 2º B transformaron o conto clásico Os tres porquiños nun conto onde o nadal está moi presente. 
Logo convertíronno en comic. Na biblioteca puxéronlle cor. 
Aquí téndelo en branco e negro antes da visita. Si queredes ver o bonito que quedou tendes que visitar a Biblioteca Municipal.

19 diciembre 2013

Personaxes Europeos do Nadal

Si queres coñecer outros Personaxes Europeos do Nadal pincha aquí

Solidariedade

Da pipa do apalpador sae unha fermosa palabra solidariedade.

A solidariedade é un dos valores humanos por excelencia, do que se espera, cando un requiere dos nosos bos sentimentos para sair adiante. A solidaridade definese como a colaboración mutua das persoas, como aquel sentimiento que mantén ás persoas unidas en todo momento, sobretodo cuando se vivencian experiencias difíciles das que non resulta doado sair.
 De este modo, grazas á solidariedade é posible brindarlle unha man a aqueles ou aquelas que resultan menos favorecidos.
No colexio realizaronse dúas campañas solidarias neste mes: unha de recollida de xoguetes e outra de roupa e calzado.
Grazas ás familias por ser tan solidarias nestes momentos.

Porta da biblioteca.

Unha vez máis esta porta non se farta de escribir e debuxar.

Exposición Libros de Nadal

Durante este mes de decembro estivo unha exposición de libros relacionados co Nadal. Constantemente se ía actualizando pois os nenos e nenas collíannos, devolvíannos. A veces quedaban moi poucos!
Son uns libros cunha temática que lles gusta moito!

FELICES FESTAS E PRÓSPERO 2014

Algúns destes carteis desexando Felices Festas e Próspero 2014 xa decoran algúns comercios, bares, a Biblioteca Municipal de Rianxo.
 

17 diciembre 2013

Visitando a Biblioteca Pública Municpal


Os alumnos de primeiro visitaron hoxe a Biblioteca Pública Municipal onde Sofía, a bibliotecaria, lles contou o conto "El Cascanueces y el Rey de los Ratones".
Despois deixamos unhas fermosas árbores decoradas con cascanoces, bailarinas e reis dos ratos con fermosos desexos para o Nadal.



Nos próximos días visitarán coas súas familias a biblioteca para ensinarlles o seu traballo.
 Podedes aproveitar para levar emprestado algún libro!
.

Unha doce visita á biblioteca

Os alumnos/as de 1º asistiron hoxe a unha charla na biblioteca do cole sobre as abellas. Beatriz de mel de Galicia axudounos a recordar todo o que aprenderon o curso pasado e ensinoulles máis cousas curiosas sobre elas.



Ademais, recibiron un doce regalo. O mel estaba riquísimo!

HORA DE LER NA CASA

Polas casas andan moitos destes colgadores que foron decorados polos nenos e nenas nas aulas.
Queremos insistir na importancia de adicarlle todos os días tempo á lectura.

Eses 10 ou 15 minutos de lectura diaria deben servir para consolidar a fluidez lectora do alumnado e o seu gusto poa lectura.

As familias debedes aproveitar para que os nenos e nenas lean en voz alta; xoguen a facer preguntas, aprendan a facer resumos contándovos as historias coas súas palabras, inventen finais diferentes, cambien os contos introducindo personaxes máxicos ,.....o todo o que se vos ocorra.

Para diferenciar ese momento de lectura os nenos e nenas decoraron un colgador para a porta do seu cuarto, sala,... que colocarán cando comecen a "Hora de Ler na Casa" e indicarán ao resto de membros da familia que ese é un momento especial e deben procurar non interromper dita actividade.
Desfrutade das lecturas compartidas!
E os máis maiores das lecturas silenciosas!
.

15 diciembre 2013

Presentación do Tríptico "Tempo de acivros, tempo de libros"


Aquí tendes algunhas fotos da presentación do tríptico de recomendacións lectoras que se levou a cabo o pasado venres 13 ás 19.00 horas no Auditorio Municipal.

A verdade é que o pasamos xenial!




Grazas a todos os que asististedes e  MOITÍSIMAS GRAZAS a Ricardo e Aroa por representar o noso colexio. Fostedes uns contacontos extraordinarios!

Nos vindeiros días subiremos o vídeo das intervencións. 

 

12 diciembre 2013

Visitando a Biblioteca Pública Municipal

Os alumnos de 2º visitaron hoxe a Biblioteca Pública Municipal.



Alí Sofía, a bibliotecaria, contoulles un conto clásico de Nadal "El Cascanueces y el Rey de los Ratones" de E.T. A. Hoffmann que se fixo moi coñecido gracias á famosa adaptación de Tchaikovsky para ballet.

 
Os alumnos/as adaptaron tres contos clásicos convertíndoos en contos de Nadal. E cada clase contou o seu conto. Estiveron traballando arreo para ilustralos e deixalos decorando a biblioteca. 
Queredes saber cales elexiron?  
Visitade a BPM Castelao! 
.

11 diciembre 2013

TEMPO DE ACIVROS, TEMPO DE LIBROS.

Un ano máis as bibliotecas do concello de Rianxo colaboramos para elaborar a guía de lecturas recomendadas.

Como novidade, para abrir boca presentarémola este venres 13 de decembro no Auditorio Municipal ás 19.00 horas.

Poderedes ver pequenas intervencións de alumnos e alumnas de tódolos centros participantes.

                     Non o perdades!

07 diciembre 2013

Adeus a Nelson Mandela.

Onte, 6 de decembro, enterámonos dunha triste nova: o pasamento de Nelson Mandela.

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
             ...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.

Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Achegándose o Día Internacional dos Dereitos do Home, non podemos senon reflexionar sobre a súa figura. 
O home que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os máis de trinta inxustos anos pasados na cadea.

O discurso de Mandela durante o xuízo que o condenou á cadea:


Teño loitado contra a dominación branca e teño loitado contra a dominación negra. Soñei cun ideal de sociedade democrática na cal todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal que me fai querer vivir para conquerilo, pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer.

Neste documental podemos coñecer a vida deste grande home:




 
Grazas ós compañeiros da Biblioteca Escolar Salgado Torres por nos ter achegado a imaxe que encabeza este post, un grafitti tomado nas rúas de París.
Tamén a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) que nos ten ofrecido a imaxe coa que concluímos.
E ao Lar do Frianciño da biblioteca CEIP Friáns de Teis.por recopilar e dar forma a esta entrada.

05 diciembre 2013

Dende o CPI a Cañiza apórtannos este poster dixital sobre a :

Constitución Española e o
 Estatuto de  Autonomía 

Lume

Con este fermoso traballo sorprendeu Mariana aos seus compañeiros e a mestra despois de ler o libro
            Lume ! 
de Alberto Varela Ferreiro.

03 diciembre 2013

Obradoiro de tarxetas.

Pola época do magosto algunhas aulas realizaron un obradoiro de elaboración de tarxetas, que contiñan ditos, cantigas, refráns e adiviñas.

Sinxelos experimentos

Uns sinxelos experimentos da biblioteca Avelaiona Luíña. Podedes experimentar e convertiros en científicos.

01 diciembre 2013

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

Na semana do magosto os nenos e nenas de 4º C representaron este conto popular. 
Está un pouco escuro pero siguese ben a historia! 

Poemas de bruxas

Este fermoso libro fixéronno os nenos e nenas de 2º A polo Samaín.

23 noviembre 2013

O Sistema Solar

Os nenos e nenas do 1º ciclo están coñecendo: os planetas, os satélites, as estrelas,..... e para que poidades buscar información  aprender ou repasar moitos contidos aquí tendes esta presentación.

22 noviembre 2013

Do lila ao laranxa.

Acabámonos de enterar desta proposta. 
O lila é a cor do lazo co que celebramos o 25 de novembro.
Nesta data conmemórase o brutal asasinato das irmás Mirabal.
Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.
Para máis información sobre quen eran estas irmás e porque se celebra nesta data, visita o lar de Frianciño.
Para os libros seleccionados un fermoso cartel feito coas mans de varios nenos e nenas.

25 de Novembro 
         Non 
A Violencia de Xénero.

21 noviembre 2013

                                                 



Moitos recursos no recanto de Mik 
                                                         Máis recursos do CEIP Víctor Sáenz.

15 noviembre 2013

Visita o cole

Ao longo destas dúas semanas os nenos e nenas trouxeron as súas cestiñas cos froitos do outono. Ademais pedimos a vósa colaboración para  elaborar  unhas  manualidades feitas con follas ou con froitos do outono.
O luns 18 de 16:30 a 18:00 podedes visitar o colexio para ver estas marabillas.
Un pequeno avance.

A PORTA DA BIBLIO ANUNCIA MAGOSTO CON CANTIGAS


A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo do castiñeiro abaixo,
mira que golpe levou!



Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
 De qué castiñeiro son?


Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.


Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Agochadas no refaixo.

Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.

Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.



13 noviembre 2013

O verme Mouriño

Esta é unha adaptación do conto O verme Mouriño feita polos nenos e nenas de 2º A. Mañán contaranlla aos nenos e nenas de Educación Infantil

12 noviembre 2013

Contín Contón

Os nenos e nenas de primaria aínda non puideran ver e escoitar este fermoso conto.Pero hoxe no recreo, aqueles que se achegaron á biblioteca disfrutaron de Contín Contón interpretado polos nenos e nenas de 2º A.

A maldición do magosto.

Outro conto elaborado hai uns anos feitos os personaxes con castañas.



A solución é o magosto

Para que o volvades a ver e ler un conto feito no cole xa hai uns anos.

O Señor Mago e a Folla.

Antón é un mago que decide poñer fin á súa soidade, convertendo nunha meniña unha das follas arrastradas polo vento do outono. Queredes saber ...máis?
Este é o conto para o recreo de hoxe . As voces son dos nenos e nenas de 2º B. 
O conto é de Tono Núñez e as ilustracións de Suso Cubeiro.


07 noviembre 2013

Máis Papamedos

Algúns nenos e nenas fixeron os seus Papamedos. Cada un máis monstruoso!
Neles irán metendo os seus medos: á oscuridade, aos ruídos, aos descoñecidos, a durmir só, a quedarse só ou soa......
 Mirade que ben lle quedaron!

06 noviembre 2013

A gramática pode ir coa música.

Presentámosvos un pequeno repaso da gramática da man duns famosos compositores.

04 noviembre 2013

Novembro adicámolo a Wagner: 200 anos

 Este ano se celébranse os 200 anos do nacemento do compositor Richard Wagner. Naceu o 22 de maio de 1813,  en Leipzig (Reino de Sajonia).

Richard Wagner: Foi o noveno fillo de Carl F. Wagner, modesto funcionario policial que morreu 6 meses despois de nacer o seu fillo. Realizou estudos musicais de piano e violín. Foi compositor, director de orquestra, poeta e teórico musical alemán. As súas obras destácasen pola súa textura contrapuntística, riqueza cromática, harmonía e orquestación. Entre as súas óperas temos: Tannhäuser, Lohengrin, La Valquiria, Parsifal, Tristán e Isolda, etc. 
Faleceu o 13 de febreiro de 1883 en Venecia, Italia.

¿Que está sonando en el Prado?

A música está en todas partes... nos camiños, cando hai vento; nas praias, cando o mar zoa; nas pinturas que colgan nos museos ...pero tes que observalos detidamente e deixarte levar pola imaxinación. Estes cadros, que pertencen á colección do Museo do Prado, están cheos de instrumentos. Cómo soarán?
Para Educación Infantil, un cadro de Francisco Bayeu.
 Recollido na bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com.es/2013/11/q.html

03 noviembre 2013

Outono. Magosto.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística achégannos esta completa recompilación de materiais e recursos para traballar o outono e o magosto.
                                                    Tamén dende o Recanto de Mik 

01 noviembre 2013

Papamedos

Algúns nenos e nenas fixeron estas caixas, ou outras parecidas. Son os  Papamedos .Sirven para  que os nenos e nenas  escriban os seus medos. Logo os metan no Papamedos para que os trague e os faga desaparecer.

Cabazas do Samaín

Numerosas cabazas adornaron o cole. Unhas representaban o medo, outras alegría,outras a rabia, o enfado,... Faltáronnos as musicais. Aínda que seguro que algunha había! Moitos nenos, nenas pais, nais, avós, avoas ....visitaron o cole. A ver si atopades a vosa! 
 

A voda dos ratos

Para aqueles e aquelas que non estiveron na biblioteca o día que o representaron.

Apadriñamento Lector polo Samaín

O martes viñeron as madriñas do IES Félix Muriel  xunto aos seus afillados e afilladas de lectura. Os afillados e afilladas están en segundo e terceiro. 
Para esta data elexiron historias de medo como: O Papón, Onde viven os monstros, A bruxa Regañadentes, .....
Os nenos e nenas encantados coas súas historias!

Agradecerlle a colaboración desinteresada á avoa  Mari que nos fixo estas fermosas xoaniñas para  agasallar ás madriñas.

Esperamos para a próxima ocasión contar con algún padriño!



30 octubre 2013

Hora de Biblioteca

Un grupo na súa hora de biblioteca lendo  libros de medo: monstros, bruxas, pantasmas, vampiros,...

Mochilas Viaxeiras

Xa comezaron a viaxar as Mochilas ás casas de: Rianxo, do Pazo, de Isorna, Vacariza, Brión,... 
Esperamos que disfrutedes dunhas boas lecturas en familia!

Tarxetas dos Bolechas

Tarxetas empregadas na vista de Pepe Carreiro. 
Algúns van ao Samaín.

Días das bibliotecas

Unha vez que rematamos coas inauguracións faltábanos facer algo todos xuntos. 
O venres 25 xuntámonos e fixemos un pequeno acto para recordar que era o Día das Bibliotecas.
Comezamos ensinando o cartel deste curso e explicando un pouco que na biblioteca ten cabida  a ciencia.
Logo comezamos a cantar por ciclos as seguintes cancións :
Infantil: “O pirimpimpim”.
1º ciclo primaria: “E ti telo, telo”.
2º ciclo primaria: “ O Verdegaio”.
3º ciclo primaria: “Regueifa” .

Ao mesmo tempo os nenos nenas ensinaron as súas interpretacións das cancións.




Donde viven los monstruos

Donde viven los monstruos é un libro infantil creado por Maurice Sendak. O libro foi escrito en 1963.
Un álbum clásico lido por millóns de nenos e nenas de todo o mundo. Nel , un neno chamado Max descubrirá o maravilloso mundo dos monstros.




29 octubre 2013

Curta do Samaín

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

O conto conclúe cun final positivo que transmite a idea de que é posible superar os obstáculos. Texto de Tina Meroto, a partir dun conto tradicional turco-ruso Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello

28 octubre 2013

Exposición libros de medo

Dos andeis, misteriosamente saíron un montón de libros de medo. Podedes  levalos as vosas casas ou lelos na biblioteca.
Animádevos
 a pasar un pouco de medo e emoción!