Páginas
▼
28 noviembre 2013
26 noviembre 2013
23 noviembre 2013
O Sistema Solar
Os nenos e nenas do 1º ciclo están coñecendo: os planetas, os satélites, as estrelas,..... e para que poidades buscar información aprender ou repasar moitos contidos aquí tendes esta presentación.
22 noviembre 2013
Do lila ao laranxa.
Acabámonos de enterar desta proposta.
O lila é a cor do lazo co que celebramos o 25 de novembro.
Nesta data conmemórase o brutal asasinato das irmás Mirabal.
Nesta data conmemórase o brutal asasinato das irmás Mirabal.
Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.
Para máis información sobre quen eran estas irmás e porque se celebra nesta data, visita o lar de Frianciño.
Para máis información sobre quen eran estas irmás e porque se celebra nesta data, visita o lar de Frianciño.
21 noviembre 2013
15 noviembre 2013
Visita o cole
Ao longo destas dúas semanas os nenos e nenas trouxeron as súas cestiñas cos froitos do outono. Ademais pedimos a vósa colaboración para elaborar unhas manualidades feitas con follas ou con froitos do outono.
O luns 18 de 16:30 a 18:00 podedes visitar o colexio para ver estas marabillas.
Un pequeno avance.
O luns 18 de 16:30 a 18:00 podedes visitar o colexio para ver estas marabillas.
Un pequeno avance.
14 noviembre 2013
A PORTA DA BIBLIO ANUNCIA MAGOSTO CON CANTIGAS
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo do castiñeiro abaixo,
mira que golpe levou!
Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
De qué castiñeiro son?
Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.
Moza que estás no
canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Agochadas no
refaixo.
Monxe que estás no
canizo
Tira castañas para
baixo,
tírame das máis
grandiñas
que as pequenas non me
baixo.
Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.
13 noviembre 2013
O verme Mouriño
Esta é unha adaptación do conto O verme Mouriño feita polos nenos e nenas de 2º A. Mañán contaranlla aos nenos e nenas de Educación Infantil
12 noviembre 2013
Contín Contón
11 noviembre 2013
O Señor Mago e a Folla.
Antón é un mago que decide poñer fin á súa soidade, convertendo nunha meniña unha das follas arrastradas polo vento do outono. Queredes saber ...máis?
Este é o conto para o recreo de hoxe . As voces son dos nenos e nenas de 2º B.
O conto é de Tono Núñez e as ilustracións de Suso Cubeiro.
O conto é de Tono Núñez e as ilustracións de Suso Cubeiro.
09 noviembre 2013
07 noviembre 2013
Máis Papamedos
Algúns nenos e nenas fixeron os seus Papamedos. Cada un máis monstruoso!
Neles irán metendo os seus medos: á oscuridade, aos ruídos, aos descoñecidos, a durmir só, a quedarse só ou soa......
Mirade que ben lle quedaron!
Neles irán metendo os seus medos: á oscuridade, aos ruídos, aos descoñecidos, a durmir só, a quedarse só ou soa......
Mirade que ben lle quedaron!
06 noviembre 2013
A gramática pode ir coa música.
Presentámosvos un pequeno repaso da gramática da man duns famosos compositores.
04 noviembre 2013
Novembro adicámolo a Wagner: 200 anos
Este ano se celébranse os 200 anos do nacemento do compositor Richard Wagner.
Naceu o 22 de maio de 1813, en Leipzig (Reino de Sajonia).
Richard Wagner: Foi o noveno fillo de Carl F. Wagner, modesto funcionario policial que morreu 6 meses despois de nacer o seu fillo. Realizou estudos musicais de piano e violín. Foi compositor, director de orquestra, poeta e teórico musical alemán. As súas obras destácasen pola súa textura contrapuntística, riqueza cromática, harmonía e orquestación. Entre as súas óperas temos: Tannhäuser, Lohengrin, La Valquiria, Parsifal, Tristán e Isolda, etc.
Faleceu o 13 de febreiro de 1883 en Venecia, Italia.

¿Que está sonando en el Prado?
A música está en todas partes... nos camiños, cando hai vento; nas praias, cando o mar zoa; nas pinturas que colgan nos museos ...pero tes que observalos detidamente e deixarte levar pola imaxinación.
Estes cadros, que pertencen á colección do Museo do Prado, están cheos de instrumentos. Cómo soarán?
Para Educación Infantil, un cadro de Francisco Bayeu.
Recollido na bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com.es/2013/11/q.html
Para Educación Infantil, un cadro de Francisco Bayeu.
Recollido na bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com.es/2013/11/q.html
03 noviembre 2013
Outono. Magosto.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística achégannos esta completa recompilación de materiais e recursos para traballar o outono e o magosto.
Tamén dende o Recanto de Mik
Tamén dende o Recanto de Mik
01 noviembre 2013
Papamedos
Algúns nenos e nenas fixeron estas caixas, ou outras parecidas. Son os Papamedos .Sirven para que os nenos e nenas escriban os seus medos. Logo os metan no Papamedos para que os trague e os faga desaparecer.
Cabazas do Samaín
Numerosas cabazas adornaron o cole. Unhas representaban o medo, outras alegría,outras a rabia, o enfado,... Faltáronnos as musicais. Aínda que seguro que algunha había!
Moitos nenos, nenas pais, nais, avós, avoas ....visitaron o cole.
A ver si atopades a vosa!
Apadriñamento Lector polo Samaín
O martes viñeron as madriñas do IES Félix Muriel xunto aos seus afillados e afilladas de lectura. Os afillados e afilladas están en segundo e terceiro.
Para esta data elexiron historias de medo como: O Papón, Onde viven os monstros, A bruxa Regañadentes, .....
Os nenos e nenas encantados coas súas historias!
Agradecerlle a colaboración desinteresada á avoa Mari que nos fixo estas fermosas xoaniñas para agasallar ás madriñas.
Esperamos para a próxima ocasión contar con algún padriño!