Páginas

07 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

Ao longo deste mes irán aparecendo:
Xogos, arrolos, adiviñas, fórmulas para botar a sortes e saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda,......
que se ían transmitindo de boca en boca, de pais a fillos, de fillos a netos....

Comezamos cunha adiviña:

Para que eu baile
póñenme a capa
porque sen capa
non podo bailar;
a para que eu baile
tíranme da capa
porque con capa
non podo bailar.
Que é?

Si sabes a resposta escríbenos.

2 comentarios:

  1. Os nenos de 3º C cremos que é a peonza, ou trompo, ou buxaina.

    ResponderEliminar

  2. Ola somos os nenos e nenas de 2º A nós tamén cremos que é o trompo. De feito, hoxe no noso libro de lingua galega aparecía o seguinte refrán:

    Polo santo André, trompos no pé.

    ResponderEliminar