Dende a biblioteca do ADR Castelao queremos agradecerlle a Nuco, tódalas horas que pasou connosco: ensinándonos, explicándonos as súas obras, respondendo as nosas preguntas e contándonos un pouco da cultura de Galiza e Rianxo con tanta amabilidade e entusiasmo. Moitísimas grazas.
Os nenos/as de 2º A coa axuda das súas familias elaboraron un libro de contos relacionados coas obras dun pintor galego, Urbano Lugrís A maior parte das obras de Urbano Lugrís relaciónanse co mar, por iso nos contos aparece o mar, pero non calquera mar, senón o galego: as rías, as illas, zonas perigosas, o faro de Fisterra, Cada alumno/a inventou o seu conto no que aparecía a Serea Viaxeira. Esta viaxaba pola costa galega e viveu diferentes aventuras .
Recordávosvos que temos un Lim e recursos para a poesía sobre o autor, no noso recuncho da Arte.
Unha actividade que comezou o día da inauguración da biblioteca e que consistiu en transformar as fotos dos nenos e nenas de 4º C en Archimboldos nas distintas estacións.
Ao longo do curso fomos creando o Museo ADR Castelao. Cada clase interpretou unha obra dun pintor ou pintora con distintas técnicas. Tamén fixemos tres cadros colectivos que foron: O Guernica de Pablo Picasso, O Bico de Gustav Klimt e os Bailaríns de Castelao. Quedou moi CHULO!!! A ver si atopades a vosa porta ou corredor!!
02 julio 2012
O verán é unha boa época para ler e relaxARTE.Aquí están as nosas recomendacións de lectura para todos os da casa.