Otra actividade que se levou a cabo no mes de xuño foi a deRianxo en verso. Xuntamos que o 5 de xuño se celebra o día do medio ambiente e a arte da fotografía. As clases participantes sacaron fotos por distintos lugares de Rianxo. Logo nas clases cos titores elaboraron distintas poesías a partires das fotografías.
Durante o mes de xuño, todo o colexio foi de visita ao museo "De Nós" do escultor rianxeiro Nuco.Tódalas clases quedaron encantadas coa visita e fascinados pola súa obra. O noso agradecemento público pola súa gran amabilidade, paciencia e implicación con todos nós. Os nenos/as de cuarto C elaboraron estes acrósticos a partires do seu nome e o seu museo.
Quedáranos pendente de publicar de cando foi a inauguración da biblioteca dos nenos/as de cinco anos A e B. Vémolos elaborando uns cadros de Joan Miró.
Joan Miró, ao que tanto lle gustaba o espazo e as estrelas, levou á clase de cinco anos B de viaxe con este conto fabuloso que fixeron: AQUEL FANTÁSTICO CADRO.