Páginas

28 mayo 2026

CLUB DE LECTURA

 Este ano realizamos a actividade Clubs de Lectura no terceiro ciclo. Fixemos varios grupos. A actividade tivo bastante aceptación entre a rapazada.



AS FAMILIAS CONTAN

 Outro ano máis levamos a cabo a actividade "As familias contan". Familias colaboradoras viñeron ata o cole contarlles un conto á aula dos seus fillos.

Aquí temos varios exemplos.









23 mayo 2026

MOCHILAS VIAXEIRAS: EXPOSICIÓN

Aquí tedes unha mostra das postais tan bonitiñas que fixeron os rapaces e rapazas que participaron na actividade das Mochilas viaxeiras. 



Moitas grazas familias por participar!

15 mayo 2026

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2026

 Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no cole. Organizamos un pequeno acto onde os nenos e nenas de 6° falaron sobre a vida e obra de Begoña Caamaño. Tamén desfrutamos de varias actuacións de alumnos e alumnas do cole que pertencen a dúas asociacións de baile moi coñecidas en Rianxo,  Vai de roda e Fogo Fatuo. Tivemos a colaboración de varios integrantes de Fogo Fatuo que nos tocaron varias pezas.

Que ben o pasamos!


No cole elaboramos un mural titulado "Saca a lingua pola túa fala". Moitas grazas familias pola vosa colaboración.




08 mayo 2026

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

 Aquí deixamos enlaces de diferentes actividades propostas polo Seminario Galán. Atoparedes actividades para imprimir e tamén moitas actividades para face en liña.

Picade na imaxe.


A continuación podedes ver un vídeo elaborado polo alumnado do Ceip San Pío X (Ourense).





Tamén tedes aquí un enlace a un  Pasapalabra elaborado polos membros do EDLG do cole.



Por último, tedes unha canción creada polos compañeiros e compañeiras  do  CEIP Emilia Pardo Bazán, da Coruña, sobre a vida e obra de Begoña Caamaño 



06 mayo 2026

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

 Hoxe tivemos un contacontos moi especial. Recibimos a visita do grandísimo Paco Nogueiras que estivo cos pequerrechos de Educación Infantil. 

Escoitamos, cantamos e bailamos, 

que ben o pasamos!


VISITA DE AUTORES: TOÑO NÚÑEZ

 Hoxe recibimos a visita de Toño Núñez. Estivo cos nenos e nenas de 5° de E.P. que leron o libro O monstro dos Ancares.


Moitas grazas Toño pola túa visita!

05 mayo 2026

VISITA DE AUTORES: ANXO FARIÑA

 Hoxe o escritor e ilustrador Anxo Fariña estivo coa rapazada de 4° de E.P. Estivo falándolles do seu libro A escola robot.


Moitas grazas Anxo. Gustounos moito a túa visita!